Saltar ao contido principal

Muiños de Couso


Roteiro polos muiños de Couso (Gondomar). Entre o río Matalagartos e o propio rio Couso. En inverno e época de choivas: follas no chan e regos cargados de auga.


Muiños de couso gondomar matalagartos
Da canalización ao rego
  
Muiños de couso gondomar matalagartos
Muiños de Couso

Muiños de couso gondomar matalagartos
Rego Matalagartos

Muiños de couso gondomar matalagartos
Rego Cheo

Muiños de couso gondomar matalagartos
A pontiña

Muiños de couso gondomar matalagartos
Rego couso

Muiños de couso gondomar matalagartos
Choivas de inverno


Temos a sorte de contar con tesouros completamente afastados da civilización en o ruido das cidades ben preto da casa. Os muiños de Couso son un deles. Os verdes, a auga, o rego, as pontes, as fervenciñas... fan deste percorrido un lugar ideal para evadirse por unhas horas.

O roteiro non é moi longo e é sinxelo. Ainda que a data de xaneiro de 2020 non estaba sinalizado, co que se fai necesario un gps. pódese descargar aquí.

Publicacións populares deste blog

VigoHistórico

Durante os anos 2019, 2020 e 2021, estiven colaborando activamente coa asociación Vigo Historico.  Este colectivo tiña o noble  (pero complicado) fin de tentar evitar a construcción dun tunel baixo a porta do Sol, en pleno casco vello de Vigo. Fago nesta entrada unha pequena recopilación de fotos e debuxos que serviron para poner en valor os espazos que se ian estropear. Os debuxos son bastante simples, moit@s nen@s pintan mellor ca min.  Pero lembroos con cariño Tampouco me vou parar a explicar o absurdo do túnel, porque xa está explicado na páxina desta asociación. Ademáis, o tempo se encargou de demostrar que non é necesario para convertir an zona  en peonil. O túnel foi adiante. Non se logrou o obxectivo. Porén, na miña opinión, a  gran victoria de VigoHistórico foi concienciar a cidadanía sobre o patrimonio vigués, e poner en valor o paseo de Alfonso. De xeito que a corporación non lle quedou outra que modificar o trazado do túnel e levalo ata Torreced...

Amanece en Rodas

Unha das cousas que máis me gusta de ir acampar a Cíes é poder pasear pola praia de Rodas ao amencer, mentres o sol levanta detrás de terra firme.   Sempre me merece a pena o madrugón para poder velo. Ainda que haxa veces que despóis do paso volto a durmir. A derradeira vez que o fixen, ademáis, non había ninguen na praia.  E solo un barco fondeado. Tamén é certo que o día anterior houbera temporal.  Imaxino que eso lle quita á xente as ganas de ir a Cíes. Sendo así, queda a sensación de que pagou a pena sufrir a choiva e o vento o día anterior. Ter o premio de un amencer en Rodas en soidade.

Camiño dos Faros. De Muxía a Touriñán

  O camiño dos Faros chega a Muxía. Onde comeza o tramo máis salvaxe desta ruta. Virxe da Barca Ría de Camariñas A ferida do Prestige Cuño Punta Buitra Praia Moreira e Cabo Touriñán Baixada praia Moreira Praia Moreira Touriñán Relax na Costa da Morte Atravesando Touriñán Estrada a ningures O cabo de occidente Faro Touriñán Tras outra etapa “interior” pola ría de Camariñas chegamos a Muxía, Zona cero da catástrofe do Prestige. Alí atopamos a carismática Virxe da barca e a (ex)pedra de abalar. Está collendo pulo como destino de peregrinos, trala popularización do camiño de Santiago ata Fisterra. Dende ahí comeza a etapa máis dura e máis virxe do Camiño dos Faros. Alomenos antes de que construiran un pedazo mamotreto de hotel na praia de Lourido, cos fondos do plan Galicia para a recuperación da crise do Prestige. A formula de sempre para sair adiante: asfaltar a costa e turismo de hotelazo. Os montes Cachelmo e Pedrouzo, Punta Buitra e...

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran  Volta ao inicio e saida da alta montaña. Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech. O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier. Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita Pedras con formas curiosas Máis entradas do Passaran  Aquí

Refuxio de Estagnous

Pernoctei neste refuxio durante a travesía de montaña Passaran.  É un aloxamento moi acolledor, con xente atendendo moi amable, e está nun lugar privilexiado.  Construiron este refuxio sobre o Etang Rond, e baixo o xigante Mont Vallier.  Un impoñente monte que ten un glaciar na súa cara norte, ainda que moi pequecho e posiblemente en camiño de desaparición no vran. Pero o máis chamativo de Estagnous son as vistas do solpor. De feito creo que a cena é algo antes para que dea tempo de sair a admiralo. Bueno, creo, non sei se é así ou se sain eu antes a velo. Sexa dun xeito ou de outro, deu tempo a que todo o mundo puidera gozar coas vistas.  Creo que é dos solpores máis chulos que vin dende un refuxio.  Comparable ao de Collado Jermoso, ou Niu d´ a. Aliga Ademáis a nevoa que entraba e saia do val facía a o ambiente da estampa ainda máis especial. Asi que farteime a facer fotos. Costoume facer selección :-) Máis entradas do Passaran  Aquí