Saltar ao contido principal

A desescalada

As normas de desconfinamento son para tod@s, e para protexernos a tod@s.

.
 As veces poden parecer absurdas, como rodar na bici a 20 metros de distancia da persona coa que durmes todas as noites.


.
Ou ter que sair de madrugada da casa para pedalear por pistas nas que normalmente apenas se atopa xente.


.
Pero é imposible facer normas de desescalada para cada persoa. E como están para salvar vidas, é a nosa responsabilidade cumplilas. 

.
Ademáis, teñen as suas vantaxes: Percorrer os montes da contorna de Vigo mentres sae o sol é algo novo e ben fermoso.

.
Rodar por enriba da cidade mentres esperta, cos primeiros raios de sol asomando entre os cumios.

.




Escoitar os paxaros nas marismas do lagares. Sen ruido de coches que molesten.



.
Percibir dende o alto como o Sol lle gaña terreo á noite. Ver como, aos poucos, vaise iluminando a Ría

.

Ver as cores da primavera cos tonos do amencer.

.
Eso sí, as 10, na casa.


.
Oxalá dentro de pouco facer bici no monte ao amencer sexa voluntario, e non forzado pola desescalada. De nós depende.

.

Publicacións populares deste blog

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer.  E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr

Illa de Arousa

En Galicia temos moitos paraisos. Un deles é a illa de Arousa. Realmente ten de todo: areais virxes  de augas transparentes como o de Areoso (bueno, non é exactamente a illa, pero está ao lado) Chiringuitos super acolledores Pero o que máis me gusta da illa é que a atopo moi "Bici friendly", é posible ir a calqueira punto en dúas rodas. Os seus solpores. Sucesión de dunas e praias. E Areoso, claro

Irlanda - Munster

En Munster coinciden os maiores reclamos que ten Irlanda. Limerick, Cork, Cashel, Parque Nacional de Burren, Kerry, Adare... e sobre todo os merecidamente famosos cantís de Moher. -x- En Munster coinciden los mayores reclamos que tiene Irlanda: Limerik, Cork, Cashel, Parque de Burren, Kery, Adare... y sobre todo los merecidamente famosos acantilados de Moher. Cliffs of Moher. Paredes do Oeste Solpor en Moher. Cantís dourados Cashel As ruinas Burren Nin Auga, nin árbores, nin terra As fiestras de Cork University of Cork As canles do Lee A dinámica Cork é a capital de Munster, ou "terra de Mum". A chegada de empresas estadounidenses animadas pola fiscalidade irlandesa está facendo crecer en importancia esta vila. Surcada polos canales do rio Lee, os seus coloridos edificios de tres ou catro alturas son moi caracteristicos. Actualmente é a terceira poboación de Irlanda, despois de Dubl

Saiáns

A derradeira praia de Vigo. Muiños de Fortiñón. Famosa pola forza das súas ondas. Colonizada polo feismo. Inda así, dándolle as costas as casas, a paisaxe é espectacular. As súas rochas esconden moreas de postáis grazas a cantidade de pedras, algas, charquiños, a insistencia do mar e As Cíes presidindo o fondo. As fotos están feitas en Decembro. Neste mes o solpor visto en Saiáns escápase por Monteferro. Haberá que voltar no vran, cando o Sol despidese no medio e medio das illas Cíes O abrazo das ondas Lagoas agochadas de Saiáns Horizonte Dous por dous catro A saida Tres do solpor Cíes   PS: Grazas a dous (2 polo momento) bos colegas, que prestáronse a facerme de figurantes :-)