Os arredores do museo do mar son un lugar moi tranquilo despois do vran.
A
pouca xente que pasa por alí está paseando o can, mirando o mar,
pescando, ou agardando o solpor, que a mediados de outono coincide no
medio e medio das Cies.
Soamente se escoita o ruido provocado polo vento suave e o mar tranquilo do interior da ria.
Bo lugar para cavilar. Para abstraerse das cousas que pasan e das que non pasan. Ten un aire a saudade.
Ademáis
(que para iso estamos), é tamén un moi bo lugar para facer o friki
botando moreas de fotos. Capturando dende varios puntos de vista o faro
concebido por aquel arquitecto italiano, que nunca chegou a velo
rematado: O outro Faro de Vigo.