Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2026

11-N. Folga Xeral pola vivenda

 A folga xeral é unha ferramenta para conseguir dereitos. Non caen do ceo: Xornada de 8h, descanso na fin de semana, vacacións pagadas, pago de horas extras, eliminación da explotación infantil... Dame moita pena cando escoito xente dicir que non vale para nada. Ou cando se critica a xente que fai un esforzo enorme por que a protesta teña repercusión. Se sae ben presiona as administracións a facer cambios para mellorar a vida da cidadanía. Prefiro xa nin pararme a describir o que penso cando leo a dirixentes políticos insultar por non estar de acordo coas reivindicacións. En vez de pararse a reflexionar porqué están en contra de un sentir popular, ou simplemente escoitar. Cando a voz do pobo é incontestable e multitudinaria non queda outra que tomar nota. É moi fermoso ver a xente de todo tipo de condicións loitar xunta polos seus dereitos.  Ver a movilización colectiva  por mellorar as condicións de vida das persoas.  Ver a solidaridade de clase, milleiros de persoa...