Saltar ao contido principal

Pedalear entre a brétema

Cando a névoa entra na ria, os montes da contorna perden o aliciente das vistas ao mar dende as alturas. Pero os bosques transformanse, e convirtense en lugares diferentes. Estan cubertos dun espeso e branco manto opaco de nevoeiro. Nas cotas máis altas do monte, a luz tenta entrar, abrindose paso entre as copas.











De xeito que ben vale a pena pedalear entre a brétema. Nunca facemos marcas de bicicleta, nin nada parecido. Quizáis grazas a elo podemos pararnos a apreciar as cousas fermosas. 

Publicacións populares deste blog

Selva Irati

  Sempre tiven moitas ganas de visitar este bosque. Así que aproveitando que quedaba de camiño a volta de un viaxe a Pirineos, fixen por facer parada un par de días. Nese par de días, non vimos o sol. Pódese pensar que polo frondoso da foresta, pero realmente foi pola nevoa e choiva que nos acompañaron en todo momento. E iso que era en pleno agosto. Pero a min gustoume moito igual. ou máis, porque as névoas danlle un aire máis mistico e misterioso.  E nas fotos queda moi ben.

O Outro Faro de Vigo

Solpor Xunt@s A cunchas da praia do matadeiro Faro a Contraluz Saudade Solpor tralo faro O instante Sube a marea Os arredores do museo do mar son un lugar moi tranquilo despois do vran. A pouca xente que pasa por alí está paseando o can, mirando o mar, pescando, ou agardando o solpor, que a mediados de outono coincide no medio e medio das Cies. Soamente se escoita o ruido provocado polo vento suave e o mar tranquilo do interior da ria. Bo lugar para cavilar.  Para abstraerse das cousas que pasan e das que non pasan. Ten un aire a saudade.  Ademáis (que para iso estamos), é tamén un moi bo lugar para facer o friki botando moreas de fotos. Capturando dende varios puntos de vista o faro concebido por aquel arquitecto italiano, que nunca chegou a velo rematado: O outro Faro de Vigo.

Altri Non

  Teño ido a varias manifestacións multitudinarias en Compostela. As do Prestige e o Nunca Máis, as da lei depredación, contra a xestión do monte ante os lumes, en contra das diferentes guerras... pero nunca estiven nunha con tanta xente coma esta.  Encheuse e valeirouse varias veces a praza do Obradoiro (outras veces era na Quintana, que me parece máis pequena).  Estas imaxes tampouco reflexan a cantidade de xente, nin son de moito valor xornalistico.  Tampouco o prentendo, quería que quedara de lembranza. Ogallá se impoña o senso común, e as personas que teñen o poder de decidir paren este macro proxecto.  No que os postos de traballo que pode crear non compensa en absoluto os que pode destruir ou poner en perigo.  Ese emprego tampouco compensaría o dano ao noso patrimonio natural e cultural, nin o deterioro dos medios naturais que se verían afectados.  E sería a entrega definitiva dos nosos montes ao modelo forestal que entende o territorio como una...

Passaran. Etapa 2. Eylie - Araign

Segunda etapa da travesía Passaran Lac d'Araign Salida dende as pequenas cabanas mineiras de Eylie, cruza, igual que a primeira etapa, bosques de faias e instalacións mineiras francesas da parte dos Pirineos de Ariège. Subida ao Col d'Araign Continúa en subida constante ata o Col de Araign.  Entre as instalacións mineiras. Maubere ao fondo Eylie Dende este collado podese ver o lago do mesmo nome, e o refuxio onde imos durmir, que tamén se chama igual. Val Ariege Enriba está o Crebere, unha gran mole que non subimos porque xa nos chegou a etapa, supuña bastante desnivel adicional, e facía moita calor.  Vista dende Pic de l'Har Por ter sinceridade, as cervexas na terraza do refuxio chamaron máis que a subida coa calor Lago e Crabere Pic de l'Har O que si subimos foi o Pic de l'Har, máis asequible dende o collado. Ten boas vistas tanto do lago e Crebere como da parte de Ariege, e os montes fronterizos co Val de Aran como o Mauberne Refuxio Araign Máis entradas do Passa...

Passaran. Montgarri - Estagnous

 Etapa 4 do Passaran Etang Long Esta é a etapa que me pareceu máis fermosa de toda a travesía.  Montgarri Si se fai o percorrido saindo de Montgarri é a primeira. Para nós foi a cuarta. Creo que mellor así. Montgarri é un refuxio que está ao lado dunha fermosa capilla. Ten acceso en coche. Está moi ben e cómese xenial.  Col Barlonguera Alí desaconsellaronnos subir o Barlonguera polo incómodo do camiño. Outro pico que non subíamos. Recomendaronnos o Mont Vallier, ao rematar a etapa, que era máis asequible. Baixada a Etang Long e Mont Valier ao fondo esquerda O primeiro tramo do día atravesa o bosque da Gireta, baixo a serra do mesmo nome, e alcanza o collado que se chama tamén Gireta. Dende ahi non se ve o Barlonguera porque o tapan montes que están antes.  Na baixada, pasado o collado que se chama Barlonguere, as vistas do Etang Long son impresionantes. E abaixo, case máis fermoso.  Etang Long Este lago hai que bordealo Ten algún paso que hai que botar as mans....