Hai un breve periodo do ano no que o parque de Castrelos torna florido e colorido. E, curiosamente, non é nin en primaveira nin en outono. É en pleno inverno, cando os magnolios están en flor.
Sempre é unha boa idea mergullarse a pasear polo parque, a dar un respiro, ou abstraerse. Sobre todo agora que o estilo de humanización na cidade de Vigo está a substituir as árbores por xardineras descoidadas e formigón.
Cando os magnolios están en flor o paseo é especialmente fermoso, con alfombras de follas baixo os pes e polas cheas de flores sobre a cabeza.