Unha das cousas que máis me gusta de ir acampar a Cíes é poder pasear pola praia de Rodas ao amencer, mentres o sol levanta detrás de terra firme.
Sempre me merece a pena o madrugón para poder velo.
A derradeira vez que o fixen, ademáis, non había ninguen na praia.
E solo un barco fondeado.
Imaxino que eso lle quita á xente as ganas de ir a Cíes.
Sendo así, queda a sensación de que pagou a pena sufrir a choiva e o vento o día anterior.
Ter o premio de un amencer en Rodas en soidade.