É un aloxamento moi acolledor, con xente atendendo moi amable, e está nun lugar privilexiado.
Construiron este refuxio sobre o Etang Rond, e baixo o xigante Mont Vallier.
Un impoñente monte que ten un glaciar na súa cara norte, ainda que moi pequecho e posiblemente en camiño de desaparición no vran.
Pero o máis chamativo de Estagnous son as vistas do solpor.
De feito creo que a cena é algo antes para que dea tempo de sair a admiralo. Bueno, creo, non sei se é así ou se sain eu antes a velo.
Sexa dun xeito ou de outro, deu tempo a que todo o mundo puidera gozar coas vistas.
Creo que é dos solpores máis chulos que vin dende un refuxio.
Ademáis a nevoa que entraba e saia do val facía a o ambiente da estampa ainda máis especial.
Asi que farteime a facer fotos. Costoume facer selección :-)
Máis entradas do Passaran Aquí