Teixos, bidueiros, carballos, castiñeiros, piñeiros, acivros... A Devesa de Rogueira, en Folgoso do Courel, é un dos patrimonios naturais máis importantes que temos en Galicia. É un bosque único. A devesa de Rogueira As porteiras da Devesa Ata onde chega a nevoa Subindo pola Rogueira Bosque Verde T enebras da devesa Bosque branco Frozen Bidueiro Branco Pico Formigueiros sobre a devesa Bosque de fadas Moreda Bágoas do teixo Dentro da Devesa, avanzando superando o elevado desnivel, rodeado das súas árbores, un ten a sensación de estar nun conto de fadas, meigas, magos, ou trasnos. Absorbido polas árbores. Verdes saindo da aula da naureza de Moreda, e brancas asi que se sobrepasan os mil metros. Impresiona ver a nevoa (máis ben as nubes) colarse entre as follas das arbores. As fotos son de Maio, pero luce moito máis en outono, co seu festival de cores, ou máis dentro do vran, cando o castiñe...