Gustame moito camiñar polos peiraos de Beiramar e ver os barcos de altura.
Cando paso por ahi, moitas veces atopo imaxes que me chaman a atención.
Antes coa cámara, cando a levaba enriba por si veia algo chamativo ao ir ou voltar de traballar, aproveitaba para sacar fermosos solpores nubrados.
Sobre todo en inverno.
Agora fago parecido co movil, ainda que non é o mesmo.
Alguna destas fotos está feita co Xiaomi.
Outras veces vou dar un paseo coa miña nai e se paso por casa tento coller a reflex.
Hai moitas cousas que me chaman a atención.
Os mellores días son os que está a piques de chover, ou que xa choveu.
As formas das nubes están moi definidas.
E os reflexos nos charcos dan moito xogo.
Non é a primeira entrada que fago sobre o porto e as guindastres.
E igual tampouco é a derradeira.