Fotos da ascensión ao cumio de Galicia.
Saida dende Vilanova, onde está o aloxamento o Triskel (que está moi ben, recomendoo).
Subida polas pistas do Maluro, que non son especialmente chulas, pero teñen boas vistas a medida que se vai gañando altura.
Tras pasar esta pequena elevación ven unha especie de cresteo moi bonito, e despois, xa no alto, pódese acceder sen problemas a Peña Trevinca.
Alí arriba hai moito vento, tanto que non da aguantado a cruz que puxeron. Imaxino que non vale a pena erguela de novo.
A baixada, polo pico Sestil, moito máis fermosa porque é entre bosques e regos, ten moita máis variedade que a subida.