Poucos lugares hai máis impresionantes en Galicia que os cantís de Loiba e as praias que os rodean. Extensións de area inmensas rodeadas de cortados de pedra negra. Estas fotos son de paseos ao medio día, que é o peor momentos para poñerse coa cámara. E ainda así chaman (a min polo menos) moito a atención.
Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme. O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...












