Saltar ao contido principal

Petra. Desfiladero e Tesoro

Todo o que digan de Petra é certo. O que aquí fixo a cultura nabatea é impresionante.

Resulta incrible imaxinar como puideron facer estas tumbas xigantes esculpidas na pedra, tendo en conta que teñen que comezarse dende arriba a abaixo. E máis tendo en conta que o chan na súa época estaba un par de pisos por baixo, soterrado pola area que arrastran as augas.

Xa só o desfiladero, o Siq, fai que pague a pena a visita. Camiñar entre as sinuosas paredes, que servían para esconder o Tesoro (al Khazneh, o de Indiana Jones), pero tamén para canalizar a auga.

Eso si, vendo a pelicula da Última Cruzada, un imaxina que atravesando as columnas vai atopar moreas de pasadizos, incluso algún templario. Nada diso, a fachada remata catro ou cinco metros detrás da columna, só é un adorno de tumba de ricos.

Nin sequera a gran cantidade de visitantes enturbia a visita (e iso que cando fun viña de comezar o ataque de Israel a Gaza, e moitas reservas se cancelaran pola proximidade do conflicto). 

Nin tampouco o a insistencia de supostos guias que venden tal ou cual ruta para ir ao sitio onde se fan os selfies os instagramers.

Para ser sincero, algunas destas fotos están bastante retocadas, eliminando xente. Sobre todo na fachada do Khazneh. Pero ao ser tan grande hai moitos recunchos onde non se fai necesario. Como no propio Siq.


Máis fotos de Jordania aquí

Publicacións populares deste blog

Dolomitas I. Col di Lana e Monte Paterno

Alpes Dolomitas. Col di Lana, e vista das tres cimas de Lavoredo dende o Monte Paterno, pola via ferrata innerkofler. Settsass dende Col di Lana Sella Vacas dolomitas Tres cimas de Lavaredo dende monte Paterno Punta Tre Scarpieri Ferrata Innerkofler Tres Cimas de Lavoredo Rifugio Locatelli Nos Dolomitas todo é grande. Os vales son amplos e verdes, de prados e bosques. Os seus espectaculares cumios rochosos aparecen ben separados entre eles, con paredes que semellan verticales e inaccesibles, de formas caracteristicas. As imaxes desta entrada foron tomadas na excursión ao Col di Lana (2462m) e a subida ao Monte Paterno (2744m, pola via ferrata Innekofler.

Expresión na rúa

Na vila están a proliferar muráis apadrinados pola administración (o que está moi ben). Inda así, dende aqui quixera resaltar as expresións urbanas anónimas. Xente que fai pequenas cousas sen tanto patrocinio nen difusión, con poucos máis medios que a propia imaxinación. As fotos están feitas en Vigo e Lyon. En Vigo hai un programa en marcha para decorar medianeras con muráis pintados. En Lyon levan tempo facendoo. En paralelo, xente creativa hai en todos os lados. Sobre as obras, non teño nin idea de quenes poden ser os autores, simplemente chamáronme a atención.

Pura Vida (1)

Pura vida, é un especie de saudo en Costa Rica, unha resposta  a pregunta mecánica “Hola, Como estás?”. Sen embargo, esta frase para os costarricenses vai máis alo: simboliza un xeito de entender a vida. Expresa a simplicidade do bo vivir, optimismo, alegría, abundancia e exuberancia interpretadas dende un punto de vista sinxelo e humilde. Como na naturaleza. Un reflexo desa diversidade natural da que disfrutan os “ticos”.  Pura Vida (Morpho Azul Costa Rica) Cangrexo Halloween A espera Araña Oro Orbe Pelícano Iguana

Coronavirus. Etapas do confinamento

Durante este tempo de confinamento pasamos por diversas etapas. Cloe tamén.  1- Sorpresa e incredulidade 2- Pánico e histeria 3- Aprovisionamento compulsivo 4- Busca implacable de culpables 5- Policía de balcón 6- Crerse o enésimo bulo 7- Sensación de que non pasa o tempo 8 - Adaptación á situación 9- Escoitar "Resistiré" por centocincuenteava vez 10- Aburrimento 11- Incertidume 12- Temor ante o futuro E namentres... #Euquedonacasa Actualización post-confinamento Síndrome da cabana

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...