Saltar ao contido principal

Volta Monte Perdido e Vignemale: Grange Holle - Oulettes de Gaube

Etapa longa e con final explosivo. Atravesar o val D´Ossoue para subir ao pe do Vignemale e descender despois ata Oulettes, a faciana norte.


Cara Norte
 

A primeira parte desta penultima etapa é moi bucólica. Prados, pastos, vacas, percorrendo o val d´Ossoue tendo sempre ao fondo o Vignemale. Pasamos o cruce da cabana de Lourdes, que nos tería levado a Bujaruelo polo porto de Bernatuara no caso de estar pechado por COVID o refuxio de Oulettes. Finalmente tivemos sorte e abriu xusto o día que nos tiñamos que pernoctar nel.


Grange Holle

Primeira vista do Vignemale

A vaca e o Pimené

Val D'Ossoue

Praderas

Detalles

Barrage d'Ossoue

Volta

Compañeiras da marcha

Todo ben ata chegar a Barrage d´Ossoue. A partir de ahí subida continua e implacable ata o refuxio de Baysellance. Ao pe do Vignemale e o máis alto do pirineo. Realmente a subida non é para tanto, son unas “zetas” que se levan moi ben. Pero os kilometros acumulados no día e supoño que na semana pasan factura e faise longa. Moi longa.

Subida a Baysellance

Panorámica de Ordesa

Refuxio

Brecha

Fixose tan pesada a subida que ao chegar ao refuxio de Baysellance, a mezcla de malas sensacións entre o frío e o cansanzo, descartamos facer os 40 minutos que nos separaban do cumio do Petit Vignemale, a cima máis asequible do macizo, e un dos tres mil máis doados. Seica as vistas eran asombrosas. Pero bueno, hai que escoitar ó corpo.

Vignemale

Lac de Gaube

Baixando a Oulettes

A baixada ata Oulettes de Gaube faise algo longa, pero merece a pena: as vistas do refuxio son impresionantes: A faciana norte do Vignemale, imponente, con todo o seu esplendor e elegancia. Todo un balcón para deixar pasar as horas. Outro dos puntos fortes desta ruta. 

Balcón de Oulettes

A elegancia do Vignemale


Derradeiras luces no cumio

Máis entradas da Alta Ruta do Perdidos Aquí

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...