Saltar ao contido principal

Eslovenia - Bled e Bohinj

 Quizáis a estampa do lago de Bled, coa torre enriba da illa no medio da auga, sexa a imaxe máis coñecida de Eslovenia, polo que recoñezo que esta entrada non é nada orixinal.


Ainda sabendo que non se fai nada novo, resulta imposible resistirse a sacar imaxes deste lago. Porque é de conto.


A ventaxa que ten Eslovenia (polo de agora, 2022) é que ainda non ten un turismo tan masificado. polo que visitar un lugar coma este, a pesar de ser tan coñecido, non é un agobio nin un suplicio. 


Tampouco é dificil camiñar un pouco pola contorna, e atoparse sen multitudes. E iso que este lago está moi urbanizado (ainda que poida parecer o contrario)


Ten tameén carreiros, como o da subida ao mirador mala Osojnica, que permite ver o lago dende o alto


E ainda por enriba, a auga está perfecta para bañarse (alomenos cando fun eu, en xullo)


Todo un paraiso entre montañas.


Non quedan ahi os lagos, outro exemplo de lago de montaña é o Pri Jezeru. pero neste non apetece tanto o baño


E o lago de Bohinj


Moi preto, dende Radovljica, podese admirar o macizo do Triglav, e percorrer as súas animadas rúas no vran.




Máis fotos de Eslovenia Aquí