Imaxes tomadas durante unha fin de semana de primavera nos Ancares. Facendo Peña Longa, Cuiña, Mustallar, Peña Lago, nunha andaina, e o Tres Bispos en outra.
Na primavera os piornos ou buxos están rabiosos de cores, ainda que por desgraza tamén para rascar as pernas. E a calor fixo moi duras as rutas. Pero o esforzo paga a pena, o cordal de Ancares sempre recompensa.