Saltar ao contido principal

Ancares

 Ancares, Piornedo, Mustallar. 

Os cumios, os bosques e as pallozas da serra antes da chegada do outono.

 

Fiestra de Ancares

Pobos colgados do val

Mallada do Mustallar


Verdes da serra

Raiña de Ancares

Pedreira do Mustallar

Gardián da palloza

Val

A piques da chegada do outono

O espía

Cresteando polo Agulleiro

Carreiros


A cor predominante nos ancares en primavera e vran é o verde. Cos seus diferentes tonos cubre todas as boscosas e empinadas laderas. Resulta un espectáculo para a vista percorrer os sinuosos carreiros que unen os  pobos colgados dos vales, entrando e saindo de bosques e prados de alta pendente. Admirando unha e outra vertiente ao mesmo tempo.  Non é menos fermoso crestear polos cumios, gozando coas vistas dos vales dende o alto. Os profundos vales dos Ancares sempre son unha vía de evasión.

 

As fotos son de Setembro, do final do vran, antes de que chegue o outono coas suas tonalidades. Estación que, abofé, é ainda máis fermosa. As imaxes foron tomadas en dúas rutas con base en Piornedo: A ruta das pallozas, e a ascensión ao Mustallar con volta polo pico Agulleiro. Ainda que nesta última as nubes non permitiron ver paisaxes.


Publicacións populares deste blog

Azores. Terceira 1

Illa de bosques, cantís, cavidades, carreiros, grotas, vacas, prados multicor, miradoiros… e volcáns Isla de bosques, acantilados, cavidades, senderos, grutas, vacas, prados multicolor, miradores… y volcanes, claro. Algar do Calvao. Entrada superior Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 15mm 1/250s f/6.3 ISO160   Algar do Calvao. Luz de fora. Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/100s f/3.2 ISO320   Cantís de Quatro Ribeiras BQ Aquaris X. Modo panorámica Vento Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 16mm 1/250s f/11 ISO125   Fronte o mar Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 28mm 1/250s f/11 ISO125   Bastón Nikon D7000. Nikkor 85mm f/1.8. 85mm 1/3200s f/2 ISO125   Prados de Terceira Nikon D7000. Nikkor 85mm f/1.8. 85mm 1/8000s f/2 ISO100 Cova do Natal Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 16mm 1/25s f/2.8 ISO250 Miradoiro da Sarreta Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 34mm 1/160s f/11 ISO125 Nube...

11-N. Folga Xeral pola vivenda

 A folga xeral é unha ferramenta para conseguir dereitos. Non caen do ceo: Xornada de 8h, descanso na fin de semana, vacacións pagadas, pago de horas extras, eliminación da explotación infantil... Dame moita pena cando escoito xente dicir que non vale para nada. Ou cando se critica a xente que fai un esforzo enorme por que a protesta teña repercusión. Se sae ben presiona as administracións a facer cambios para mellorar a vida da cidadanía. Prefiro xa nin pararme a describir o que penso cando leo a dirixentes políticos insultar por non estar de acordo coas reivindicacións. En vez de pararse a reflexionar porqué están en contra de un sentir popular, ou simplemente escoitar. Cando a voz do pobo é incontestable e multitudinaria non queda outra que tomar nota. É moi fermoso ver a xente de todo tipo de condicións loitar xunta polos seus dereitos.  Ver a movilización colectiva  por mellorar as condicións de vida das persoas.  Ver a solidaridade de clase, milleiros de persoa...

Redes: Alba, Mongallu e Ubales

 Fotos de lugares moi coñecidos do parque natural de Redes: a ruta do rio Alba, a fervenza ou tabayón de Moncallu, e o Lago Ubales. Camiño ata o Tabayón de Moncallu: Senda do rio Alba: Bueres: Lago Ubales dende León:   A s sendas do Tabaillon de Moncallu dende Tarna, e o desfildero da Ruta do Alba dende Soto de Agues son dous clásicos de Redes. Probablemente porque están ao alcance de todos os públicos, e pola súa fermosura. A beleza natural destes enclaves brilla todo o ano, pero destaca especialmente no outono. Maila que coincida un día de choiva, como no que foron tomadas estas fotografías. Fastidia chegar dende tan lonxe e non ver un raio de sol que ilumine as follas otoñais das faias de Redes, pero ainda así a viaxe paga moito a pena. As estampas son diferentes pero igualmente interesantes e espectaculares. O lago Ubales é algo máis difícil de Acceder. Esta acumulación de auga glaciar está preto do collado Acebal, frontera de Asturias e León. As andainas que parten da ver...

Dous Outonos

Outono no Forillon, outono no Courel. Arces, bidueiros "de papel", abetos, carballos boreais, etc... por un lado; castiñeiros, carballos bravos, bidueiros "pubescentes",  faias, etc... polo outro. Bosque costeiro canadiense, bosque autóctono galego. A pesar das diferencias, o outono nos dous bosques é moi parecido: explosión de cores, luz entre as polas, auga, alfombras de follas… Iso sí; Un é Parque Nacional, o outro nin parque natural...  Por eiquí somosche así. As copas d o bosque do Courel - Devesa de Rogueira - As copas do bosque do Forillon - Cap Bon Ami -   Fervenza escondida no Forillon Néboa escondida do Rio Lor Mirar arriba no Forillon Mirar arriba no Courel Simbolo de Canadá Simbolo de Folgoso Parc National Forillon, Gaspésie, Québec Folgoso do Courel/Quiroga. Reserva da Rede Natura 2000

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...