Saltar ao contido principal

GR53

A senda panorámica de Vigo, a pesar do seu nome, non ten como maior interese as "vistas panorámicas" que ofrece da cidade. Ao meu entender, o principal atractivo que ten é que percorre todos os bosques da contorna.

Ou o que queda deles.


GR53 en Coruxo

Galiñeiro dende o Cepudo

Bosque Místico. Candeán

Vixiador

Carreiro de follas

Lagoas (desviación)

O GR en Outono

Bosque escuro. Vixiador

Muiños de Zamáns

Névoa no Vixiador

Bosque de Beade

Rio Zamáns (desviación)

Cabral

Peinador

Descoñecido por unha boa parte da cidadanía, este carreiro de gran percorrido (GR) é un auntentico tesouro en potencia. As marcas vermellas e brancas están incrustadas en bosque autóctono (Carballo, castiñeiro) e tamén en masa forestal de piñeiros, ainda que a senda non está exenta de eucalipto. Hai tramos e recunchos verdadeiramente espectaculares. O camiño, en moitas ocasións, permite abstraerse completamente, perderse entre as árbores, e facer esquecer que está tan preto de unha urbe tan grande como Vigo.

 

Pero, por desgraza, non está suficientemente valorado. Asi como temos moito orgullo polas Cíes (tanto que quizáis acabemos por estragalas), esta maravilla temola esquecida, deixandoa desprotexida.

Desprotexida as veces das desfeitas de algunhas administracións, que deberían ser as que coidasen os montes. E, pola contra, mostran un profundo descoñecemento e ata desinterés polo noso patrimonio natural.

Boa proba desto é que se chegase a considerar seriemente unha aberración como a de PortoCabral, ou que se estean a comezar as obras para os campos de Futbol do Celta en Tameiga – Pereiras.

 

No trazado do GR53, maila ser esixente no aspecto físico, a recompensa é maior que o esforzo, xa que permite percorrer prácticamente todos os montes e bosques da contorna. Algúns consolidados, e outros en recuperación trala vaga de lumes do 17: 

Saians, Coruxo, Fragoselo, Chandebrito, Valadares, Zamáns, Galiñeiro, Marcosende, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Carballal, Vixiador, Madroa… compre aproveitalo mentres dure.


Todas as fotos foron feitas no percorrido do GR53, nas súas diferentes variantes. Andando ou en bici. Agás as marcadas como "desviación" que corresponden a lugares moi cercanos, pero que non están exactamente na senda.

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Islandia (I) - Jokulsarlon

  Lago de Icebergs de Jokulsarlon.   ​ Espectáculo inmóvil. Formas xélidas de todos os tamaños e cores. Caos de xeo.  Silencio e frío. Impresiona. Mesmo sen ter as luces de final do día, nin ceo claro, nin vento tranquilo que deixe calma a auga. Jokulsarlon  é un deses lugares que se quedan na cabeza toda a vida.

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...