Paseo na contorna da Torre de Hércules, en Coruña.
![]() |
Durante un breve intervalo de tempo tiven unha Leica XU (Typ 240). Revendina ao pouco de tela, porque me pareceu que non era moi cómoda para ser mergullable, e que non era moi "leica" no resultado das fotos.
A ver, que non estaba mal, pero como cámara de "acción" non me convenceu. Necesita de dúas máns para usala, e sobre todo a calidade, o enfoque, e o rango dinámico non me pareceron maravillosos. Preferín seguir coa miña pequena Nikon AW130 para paseos en bici e diluvios, e a miña apreciada Olympus M5 Mkii para montaña, tendo coidado de protexela da auga.
Un dos días que empreguei esta cámara foi nun paseo familiar polo norte, na Coruña. Non chovía pero estaba un ceo típico da zona, cuberto de nubes definidas. A verdade é que nestas condicións portouse bastante ben.