Punta Socastro, máis coñecida como "fuciño de Porco" en O Vicedo.
O que imaxino que simplemente era unha pasarela de acceso a unha baliza, co boca - orella - instagram converteuse nun auténtico reclamo para O Vicedo.
Realmente mereceo, porque esta punta é ben fermosa.
Ainda quedan épocas do ano e momentos no día no que se pode visitar case en soidade, esquivando as procesións de visitantes (todo o mundo ten dereito a ver todos os sitios, pero cando o imos tod@s ao mesmo tempo, facemos que perdan o encanto).
Cando se dan as circunstancias, o paseo é unha maravilla para a vista e a cámara.