Terceiro día da travesía. Do Refuxio da Restanca a Ventosa i Calvell. Paso polo "escondido" Coll de Tumeneia.
Bos días Restanca! |
Estany escondido |
Por aquí non pode ser |
Bordeando Estany Gelat de Tumeneia grande |
Entre lagos Estanys gelats de Tumeneia |
Bordeando estany gelat de Tumeneia (pequeno) |
Algo máis que descanso |
Xa se ve o refuxio! |
Restanca – Ventosa i Calvell
Amaneceu na Restanca con moita névoa e pouca visibilidade. De cando en
vez abría, pero voltaba a pechar. Pensamos en botarnos atrás no paso
polo Coll de Tumeneia, pero o final decidimos avanzar, xa que para dar
volta tíñamos todo o día.
Comezamos
a camiñar as 7:40 bordeando o Estany de Restanca según as indicacións
que nos deran os madrileños o día anterior. Tras chegar ao lado
contrario do refuxio, o camiño abandona o lago e sube por un bosqueciño
de pinos ata atopar o poste torcido, onde teríamos que desviarnos.
A
pesar da néboa o localizamos sen problemas. Xiramos a esquerda e a
partir de ahí o sendeiro non está moi marcado, pero os itos deixanse
ver. Ao gañar altura, a néboa desaparece. Deixámola abaixo, cubrindo por
completo o lago da Restanca.
Percorremos
un treito máis ou menos plan ao borde dun pequeno rio, ata que voltamos
a subir, por unha ladeira bastante empinada sen árbores. En todo
momento seguimos os montonciños de rochas deixados por outros
montañeiros, incluso hai sendeiro en algún tramos.
Cada vez, o lago da Restanca queda máis abaixo, cuberto por completo pola brétema.
Cando a subida faise menos pronunciada, aparece unha grande pedrera con
varios neveros. Nesa zona perdemos as marcas. O GPS dicía que estábamos
a 2500m co que pouco quedaba por subir ata os 2600 que tíñamos que
superar.
Continuamos
sen gañar moita altura hacia o collado que pensamos que é o Tumeneia.
Deixamos atrás outro collado a esquerda, que descartamos por ser moi
empinado. Avanzamos cada ún polo seu lado, para ver se atopábamos algún
ito, pero sen éxito.
Desplazarse
é lento. Recollemos os bastóns para ter as mans libres. Cando podemos,
camiñamos por neveros, para evitar os bloques. É máis rápido, pero non
máis doado, porque non temos moita práctica, e ademáis a neve está
resbaladiza e as veces bastante inclinada.
Tras
un rato avanzando, plantexamosnos a ruta: Cada vez os bloques son máis
grandes. Isto non pode ser. Temos que estar mal encamiñados. Hai
montonciños de pedras que semellan itos desfeitos, pero ningún parece
moi verídico, máis ben parecen estar por casualidade. Ese día baixaran
moito as temperaturas, o que facía máis fastidiado rascar as máns entre
neve e pedras.
Xuntámonos
para contrastar o GPS co mapa. Quitamos “zoom” na pantalla, e pola nosa
situación respecto dos lagos que debíamos atopar tra-lo muro de
montañas que forma a cordillera, concluimos que o collado polo que
tiñamos que pasar era o empinado que deixamos atrás hai un rato.
Movéramonos demasiado ao oeste.
Damos volta entón cara o leste. Camiñando hacia o collado, que parecía
máis grande canto máis preto estábamos. Voltamos a ver os itos. Xa non
había dúbida: ese era o Coll de Tumeneia.
Subimos
este último repecho por unha cara de terreo non moi firme e empinado. E
chegamos arriba 2604m. As vistas eran espectaculares e moi amplas. Un
dos picos que se divisan ao fondo debe de ser o famoso Contraix.
Vemos
os lagos que nos axudaron a orientarnos: os Estanys Gelats del Port de
la Tumeneia. E comprobamos o que o collado hacia onde íbamos pola
pedrera, máis ao oeste, convertíase nun precipicio na cara sur. Debía de
ser o collado anterior ao Pa de Sucre. En cambio, no Tumeneia, a
baixada é de herba. Con moita pendente, pero con escalonciños verdes, co
que o descenso é sinxelo si se fai en zigzag.
A baixada faise ben, camiñando entre montículos e lagos. Na cara sur
crece a herba e xa non hai tantos neveros. As veces perdemos as marcas,
pero coa axuda da referencia dos lagos é moi sinxelo orientarse.
Os
Estanys Gelat de Tumeneia (grande) hai que bordealo dende un alto, e
resulta espectacular. Canto máis nos afastamos da cadea de montañas,
apreciase a prominencia das súas paredes, e confirma o que dixeron os
madrileños: O Coll de Tumeneia é o único paso posible, alomenos para o
noso nivel.
Xantamos a beira do Estany Gelat de Tumeneia (pequeno), que está precioso cando reflexa as nubes.
Camiñamos
seguindo os itos, esta vez sen perdelos, ata xuntarnos co trazado dos
Carros de Foc. O Refuxio de Ventosa i Calvell xa se vía dende lonxe, e
pouco antes de chegar vemos o Estany Negre, metido debaixo do Refugi.
En
toda a xornada non atopamos a ningúen. Entramos na porta de Ventosa as
13:30. A etapa foi máis dura do que contábamos. Subimos 630m e baixamos
440m. Pero hai que ver o lado bo: O noso infructuoso paseo polos bloques
foi un bo adestramento para o día seguinte.
Refugi de Ventosa i Calvell.
Maila a aventura do Tumeneia, chegamos con tempo de sobra de ducharnos en auga conxelada, lavar roupa e descansar.
Ao
ser o refuxio previo ao paso polo Contraix, este collado está en boca
de todos: O garda nos felicita porque imos ter bo tempo o día seguinte
para subilo. Un montañeiro catalán que viña en sentido contrario o noso,
e que o pasara esta mañá, nos contesta: “ya lo veréis vosotros mismos,
mejor no decir nada”. Outros dín que é máis lenda que realidade: “Le dan
tanto bombo al Contraix para que los Carros de Foc tengan más
aliciente”. Uns alemáns nos contan que está con neve, pero que non é
perigoso…
En
fin, suxestionado por tanto comentario, a silueta do famoso collado
parecíame ameazadora a través da fiestra do refuxio, cando se deixaba
ver entre as nubes. Xa non sei se tiña máis curiosidade ou respeto. O
día seguinte sairíamos de dúbidas.
Como
tiñamos toda a tarde por diante, deunos por baixar un par de garrafas
de viño. Saia máis a conta que as latas de cervexa, que nos refuxios
están a 3€, e non sempre frías. Fosenos un pouco das mans e montamos
algo de barullo. Nós xa sabíamos que eramos os menos “pros” do refuxio,
agora sabíano todos os demáis.
As 19:00, a cea. Menú clásico: Sopa de allo, ensalada e carne asada.
Tocounos na mesa cun pai e o seu fillo que comezaban o día seguinte os
Carros de Foc, subindo o Contraix. Eran moi simpáticos e contaronnos
moitas historias do Aneto, do “paso de Mahoma”, do seu clube de
montañismo, da súa vila… e tamén escoitaron as nosas caralladas. O pai,
que era entrañable, contounos anécdotas como que o menú no Refuxio de
Colomers levaba sendo o mesmo 25 anos. O fillo, que era un lambón, daba
boa conta da vergoña que os galegos deixabamos na bandexa.
En tan boa compaña rematamos o día e fumos durmir sen pensar demasiado no Coll de Contraix.