Saltar ao contido principal

Carros de Foc. Día 2



Segundo día dos Carros de Foc. Máis lagos, máis collados... Percorrido entre os refuxios de Saboredo e Restanca, pasando polo de Colomers.
Subidas o coll de Sendrosa e Port de Caldes, e baixada do Coret de Oelhacrestada


Carros de Foc. Parc nacional aigüestortes i estany sant maurici. Subida al Port de Caldes
"Paz trala tormenta"

Subida ao Port de Caldes

Carros de Foc. Parc nacional aigüestortes i estany sant maurici. Subida al port de caldes. Estany de colomers al fondo

"Último esforzo"

Estany deth Port de Caldes e de Colomers ao fondo


Carros de Foc. Parc nacional aigüestortes i estany sant maurici. Etapa entre Colomers y Restanca

"Agulhes deth Port"


Carros de Foc. Parc nacional aigüestortes i estany sant maurici

"Outros habitantes dos pirineos"


Carros de Foc. Parc nacional aigüestortes i estany sant maurici. Coret Oelhacrestada ou Port de Rius.

"Comeza a baixada á Restanca"

Coret Oelhacrestada ou Port de Rius


Carros de Foc. Parc nacional aigüestortes i estany sant maurici. Estanh deht cap del port

"Calma trala choiva"

Estanh deht cap del Port

"Oelhacrestada dende abaixo"



Carros de Foc. Parc nacional aigüestortes i estany sant maurici. Lago de la Restanca. Etapa colomers - Restanca

"Chegando a Restanca"


Carros de Foc. Parc nacional aigüestortes i estany sant maurici. Etapa Colomers Restanca

"Estany de la Restanca"


Carros de Foc. Parc nacional aigüestortes i estany sant maurici. Estany de la Restanca entre la niebla

"Entra a névoa"



Saboredo – Colomers - Restanca

8:00. Saimos cedo do Refugi de Saboredo xusto despois de que se retirararan  nubes e névoas, inda que con ameaza de choiva. O camiño estaba enlamado, pero o trazado recoñecíase ben. 

Tras pasar preto de un par de lagos, comezamos o ascenso o Coll da Sendrosa. A subida non é moi dura, porque o camiño é tendido. As veces o sendeiro está un pouco exposto, pero non da sensación de perigo. 

Tras pasar o collado, a 2451m, entramos no que se chama o Circo de Colomers, unha zona con moitos lagos, que se pode percorrer cunha ruta circular que sae do Refuxio do mesmo nome. 

A baixada é algo empinada pero faise ben, sempre por sendeiro. O día continúa gris, e escoitamos de cando en vez lóstregos ao lonxe. Ao rematar o descenso do Coll da Sendrosa, pérdese o camiño e non atopamos indicacións, polo que tiramos de GPS ata voltar a atopar marcas. Subindo montículos e pasando entre arbustos.  

Recuperamos os postes amarelos e saimos do bosque no estanh Cloto de Naut, e pouco despois enganchamos co GR 11, que nos leva directamente ao refuxio de Colomers. Antes temos que pasar pola presa do Estanh de Colomers. 

Son varios os lagos que manteñen o seu nivel de forma artificial mediante presas. O obxeto é o control do caudal dos ríos de desxeo.
A etapa non ten moita complicación e chegamos sobre as 10:30. O refuxio de Colomers (2138m) parece acolledor. Situado ao borde do lago, é máis grande que os anteriores, pero non o vemos na súa totalidade porque quedamos fora por non sacar as botas. 

Descansamos, sellamos os cartóns e preguntamos á garda a previsión do tempo. Dan chuvia as doce da mañá, pero como nese momento ia sol, agardamos ter sorte e que a tormenta chegue pola tarde, cando estemos no refuxio.
Soe ser habitual que as tormentas nos Pirineos se formen ao final do día. De feito, o rapaz de información do Parque Nacional de Aigüestortes i Sant Maurici, aconsellounos madrugar e pasar sempre os puntos altos o máis cedo posible. No caso de querer tomar a ruta con calma, ou parase nos lagos, é mellor facelo nas baixadas de camiño aos refuxios, para non sufrir as tormentas nos collados, que poden ser bastante desagradables.
Maila facer caso as recomendacións, o tempo na montaña cambia moi rápido. Nesta xornada, tiñamos dúas subidas:, o Coll de Sendrosa entre Saboredo e Colomers, e o Port de Caldes, entre Colomers e a Restanca. A tormenta colleunos no medio

Saimos de Colomers con sol, e no inicio da subida o Port de Caldes empezou a nublarse rápidamente. En cinco minutos chegou a tormenta cunha forte tromba de auga. Deunos o tempo xusto para sacar os cortaventos ou ponchos e cubrir as mochilas coas fundas. Foron 15 minutos de caer con toda, pero o suficiente para rematar cos pantalóns ben caladiños. O resto do día a chuvia ameazou, pero non volveu a caer.
O Port de Caldes e longo, e as veces empinado, pero non nos pareceu complicado, a pesar de ser un dos “cocos” dos Carros de Foc. Mantendo o ritmo e con calma faise ben. Coma na maioría das subidas, vai deixando atrás unha vista cada vez máis ampla e espectacular do Estanh de Colomers e Estanh Mort. Incluso aparecen lagos novos durante a ascensión: o Estanh deth port de Caldes. Nesta zona os nomes pasan a estar en aranés.

A particularidade que ten esta subida é unha falsa cima; parece que chegas, e pasada a loma ves que inda falta un bo anaco. Facemos  un descanso para non pararnos no cumio, que seguro terá máis vento, e continuamos coa subida. 

Arriba, 2572 m de altura, despexa de cando en vez e temos unhas vistas preciosas do Estany Mangades e Estany des Monges, das agullas deth Port e do Montardo ao fondo
A continuación hai un pequeno pero fermoso tramo de sube-baixa entre lagos. É espectacular a cor turquesa que toma a auga cando sae o sol.

Deixamos atrás un desvío que leva o Refugi Ventosa i Calvell, que suporía acortar a ruta, pero nós non o collemos (entre outras cousas porque a reserva a tíñamos na Restanca, en Ventosa será o día seguinte). 

Continuamos, chegamos ao punto onde comeza a baixada ata a Restanca, o Coret de Oelhacrestada. A partir de aquí, por este mesmo camiño teremos que subir o día seguinte.
A baixada comeza entre pedras e, en ocasións hai que botar a man ou o cú para ir máis seguro. Supoño que é un descenso que se podería denominar “técnico”, pero faise ben. Tras un rato baixando, aparece un lago (Estanh de Cap del Port), que nos da un descanso, e paramos a xantar. A ameaza de choiva xa desaparera de todo. É un lugar de conto. 

Continuamos  o pouco que nos queda para chegar a Restanca. O último tramo vai a carón de unha fervenza, e resulta moi empinado. Ao comezo hai que ir agarrado a unha parede de pedra, xa que o paso é estreito. 

A baixada é un pouco fastidiada, pero peor debe resultar subila, a xulgar pola cara dos sendeiristas que nos cruzamos. O día seguinte deberíamos subir por este mesmo camiño. 

Conforme baixamos, o espacio para o sendeiro vai ancheando e deixa ver, alá abaixo, o lago da restanca, encaixado entre paredes de verticáis e ladeiras verdes, alimentado por varias fervenzas. 

Chegamos a Restanca (2010m) sobre as 15:30. Este día subimos 815m e baixamos 1115m. Rematamos contentos, porque esta etapa xa era máis dura que a primeira e a solventamos sen problemas a pesar da climatoloxía.
Refuxio da Restanca.
Coido que é o máis grande de todos. Ten catro duchas, e de auga quente (que se cobra a parte), tres pisos de camas, unha sala grande para deixar as mochilas e un amplo comedor. Ademáis, foi o único que nos fixo desconto por estar na federación galega

Como ten dous baños lavamos a roupa cómodamente e sen colas. Para a travesía compre levar a menor roupa posible. Polo que mellor lavar se hai oportunidade, e sol para secar.
O día seguinte tiñamos unha etapa curta. De Restanca a Ventosa i Calvell hai unhas tres horas. Ademáis, máis da metade do percorrido é polo sendeiro que xa baixáramos esa tarde. Así que preguntamos a garda da Restanca sobre unha ruta alternativa que nos comentara alguén no refuxio de Saboredo, máis larga, con máis altura, pero menos empinada e con paisaxe diferente. Un GR que pasaba por un collado que se chamaba Coll de Tumeneia. 

Ela desaconsellounos esta vía, non estaba moi ben sinalizada e había xente que se perdía e tiña que voltar ao refuxio. Dixonos que a xente que ten esta etapa corta soe subir o Montardo, que queda de camiño. Desanimámonos un pouco e fixémonos a idea de subir por onde baixamos.
Secando a roupa, coincidimos con dous madrileños veteranos. De casualidade saiu o tema da subida alternativa e eles dixeronnos que viñan de Ventosa, e que pasaran por Tumeneia. Preguntámoslles entón polo camiño. Estaba marcado con itos ou “mojones” de pedras que se seguían bastante ben -“Señalizado?? Si parece la M30!!!”-. 

Eles perderan os itos durante parte da baixada, pero os viron a posteriori ao mirar para arriba. Indicaronnos que en vez de subir polo camiño que viñemos, debíamos sair do refuxio no sendeiro que bordea o lago e seguilo ata desviarnos nun poste torcido, antes do Estany de Mar, e despois  seguir os itos ata o Coll de Tumeneia, o único paso posible. 

“Antes de cruzar,desde abajo, parece que hay otros pasos, pero al llegar arriba te das cuenta de que al otro lado solo hay enormes paredes verticales”. Comentaron os madrileños. “Si no encuentras el Tumeneia, apareces en el Pa de Sucre, que es bastante peor que el Contraix”. 

Outra vez o Contraix, como elemento de referencia. A proba que decide quen pode facer os Carros de Foc e quen non. Estes señores non deixaron pasar a ocasión de reiterar o duro e pesado que resulta o plato forte desta travesía.
Así e todo, decidimonos por probar sorte co Coll de Tumeneia. Con mapa e GPS, pero sen track cargado, xa que só metera no Garmin o sendeiro máis transitado dos Carros de Foc.

Sobre as seis, a névoa caeu pechada no lago. Non as tiña todas conmigo, porque o GPS non vai moi ben entre nubes. “A ver se mañá abre”, pensei. Puntual, as sete, a cea. Menú: Sopa de allos, Macarróns e carne guisada. As nove, a durmir.


Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Bretema nas Cíes

  Debido, imaxino, ao éxito das Illas Cíes agora está máis dificil conseguir praza para o camping. Hai que collelo con bastante tempo de anticipación. Así que pode pasar que, cando chega por fin o día de ir gozar das illas, toque temporal. Pódese pensar que é unha boa mala sorte: ter que pasar a tarde agotando as reservas da cantina do camping, achicar auga da tenda de campaña, esquecerse de ver estrelas, nin starlight, nin nada. A boa nova foi que o día seguinte do temporal, amenceu con sol. Polo menos iase secar a tenda.  Pero nin por esas: antes de que avanzara a mañá, chegou unha brétema marítima que impedía ver nada. Nin ir a praia, nin bañarse, porque había frío. Pois non queda outra que ir ata o faro de Cíes.  Quen ia pensar que, a metade de camiño iamos sobrepasar a nevoa, e camiñar sobre as nubes. E ver como as illas facían de barreira natural das nubes que non paraban de chegar dende o Atlántico. Polo de agora, as Cíes sempre compensan.

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran  Volta ao inicio e saida da alta montaña. Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech. O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier. Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita Pedras con formas curiosas Máis entradas do Passaran  Aquí