Saltar ao contido principal

Carros de Foc. Día 4

Cuarta xornada. Etapa raiña: O Contraix.

Por fin chegou o día. Rematou a conta atrás: A subida e baixada do Collet de Contraix. A etapa máis difícil de todas. Se a rematábamos saberíamos que, salvo desastre, iamos completar os Carros de Foc.

Carros de Foc. Subida Contraix. Parc Nacional Aigüestortes i Sant Maurici. Pirineos.

Amencer no Estany Negre

Carros de Foc. Subida Contraix. Parc Nacional Aigüestortes i Sant Maurici. Pirineos
Derradeira vista á serra do Tumeneia

Carros de Foc. Subida Contraix. Parc Nacional Aigüestortes i Sant Maurici. Pirineos
A "ameaza" do Contraix

carros de foc. contraix. pirineos. aiguestortas san maurici
A recompensa do Contraix


Carros de Foc. Subida Contraix. Parc Nacional Aigüestortes i Sant Maurici. Pirineos
Estany de Contraix

Carros de Foc. Subida Contraix. Parc Nacional Aigüestortes i Sant Maurici. Pirineos
Barranc de Contraix

Carros de Foc. Subida Contraix. Parc Nacional Aigüestortes i Sant Maurici. Pirineos
Chegando a Aigüestortes


Ventosa i Calvell – Estany Llong.

Xa tiña gañas de descubrir como era ese paso do que todo o mundo falaba, e de quitar de enriba esa especie de "espada de Damocles" que nos acompañou cada un dos días anteriores.


Almorzamos todo o cedo que permitía o refuxio (normalmente os almorzos son de 7 a 8). Como estaba esperto na litera, baixei antes da hora para organizar a mochila, xa que oa sala onde había que deixalas era bastante pequena en Ventosa i Calvell, e despois do almorzo ia ser un cristo con todo o mundo preparando as súas mochilas ó mesmo tempo.


O Estany Negre está precioso co amencer.


Baixaron máis as temperaturas, e as nubes tapaban o sol, polo que comezamos bastante destemplados. Saimos de Ventosa as 8:15. O comezo do camiño é en baixada. Non ten ninguha dificultade, pero cos xeonllos tan fríos, as sensacións que tiña eran malas. Ademáis estaba torpón, en dúasa ocasións case torzo un nocelo.


Baixamos bordeando os estanys de Colieto ata cruzar un río. Hai pontes ou táboas que facilitan o paso. Ó mirar atrás, abriron un intre as nubes e deixaronnos ver a serra da Tumeneia, que atravesaramos o día anterior.


Empeza a subida. Ao pasar unha pequena fervenza, aparecen os primeiros bloques. Non son máis complicados que os que fixeramos a xornada precedente. Así que avanzamos animados, mirando no GPS como descontabamos metros ata o collado, e adiantando xente.


Como esta etapa está considerada a máis difícil, case todos os sendeiristas a deixan como único percorrido da xornada. É dicir, que a maioría da xente empeza en Ventosa, e remata no refuxio de Estany Llong. Isto provoca que sexa a etapa máis "masificada" (co cal non quero dicir que lle quite encanto, simplemente que non camiñamos practicamente sós coma o resto dos días).


Os bloques empezan a tirar para arriba, pero imos avanzando con paciencia. O sendeiro, nin estaba nin se lle esperaba. Hai itos, pero solo indican os sitios de paso menos malos. De repente, aparecen os primeiros neveros.  Coincidindo coa neve, a subida volvese menos pronunciada, pero os bloques crecen considerablemente de tamaño. Aproveitamos os neveros que podemos para camiñar uns metros sen ir de bloque en bloque. 

Vemos algún sendeirista que se da un bo golpe por non asegurar que as pedras que pisa non se moven. Empeza a fatigar avanzar tan lento. non vemos o que nos queda por subir porque o collado está tapado polas nubes.


De súpeto. Un golpe de vento deixa vislumbrar a "amenazadora" silueta do Contraix: Despóis da morea de bloques, aparece unha ladeira de pedrera moi empinada que remata nun paso estreito, que apenas se vislumbre entre nubes, situado entre moles de rocha. Desanima un pouco pensar que inda hai que subir uns 80-100 metros verticais por un sitio tan empinado e sobre tantos bloques. Facemos unha parada antes de asaltar a derradeira subida.


Ao chegar a ladeira, levamos unha grata sorpresa: A subida non é de pedrera tipo bloque como parecía dende lonxe. Pola dereita aparece algo parecido a un sendeiro. Un pequeno zigzag de 3-4metros de lado. As pedras son pequenas e das que se escurren. De feito, non disfruto nada da subida porque vou moito máis pendente de non tirarlle unha pedra a un tipo que levo tres metros por debaixo.


Cando paro a dar un respiro, miro hacia abaixo e vexo toda a xente que está intentando subir hoxe o Contraix. Parece unha romeria comparado co resto de días.


Sigo avanzando co bastón cortiño de todo, obsesionado con non mover rochas, co que fago os apoios as veces incompletos e cansome. Último tramo. O terreo inclinase máis todavía, e hai que grimpar un pouco e botar as mans para subir...


E xa está.


Case sen enterarnos chegamos ao Collet do Contraix! 2749m. O teito dos Carros de Foc. Son as 11:30. Non vemos nada de paisaxe a ningún dos dous lados polas nubes. Non esperamos a que se aclaren as vistas. Vai moito frio, hai moita corrente de vento, e o sitio no "cumio" é moi reducido para acoller a toda a xente que viña detrás. Asi que nos facemos algunha foto e en menos de cinco minutos comezamos a baixada. Xa haberá tempo de festexalo despóis.


O inicio do descenso é empinado, pero faise ben por un sendeiro en Zigzag. A cara sur é máis amable. Como baixamos lento, a xente nos adianta, Pero nós somos afortunados: as nubes retíranse e deixan ver o Estany de Contraix. Unha gran masa de auga de característica forma circular cunha pequena peninsula. Os bloques e neveros levan a vista ó lago. Canta máis luz, máis se volve de cor turquesa. A vista e moi fermosa. É a recompensa da subida. Vai moito frío e vento, polo que nos custa atopar un sitio para xantar. Paramos tras bordear o lago, por unha zona de bloques.


Despóis de reponernos, comezamos a baixada final ata o val de Estany Llong. O barranco do Contraix. O descenso é bastante pronunciado pero faise ben. Hay sendeiro máis ou menos definido. Nesta parte en concreto, o rapaz do centro de información do parque de Espot recomendáranos seguir sempre os postes amarelos, non facerlle caso aos itos se nos levaban por outro sitio. Os montonciños de pedras poden inducir a erro nesta baixada, e hai unha fervenza de 30 metros de caída na zona. Mellor non aparecer alí. De feito, o rapaz do parque tivo a delicadeza de non comentarnos que ten habido accidentes graves nesta zona (fora do sendeiro), do cal enteraríamonos despóis.


Non había tantos paus amarelos como eu supuña, pero o camiño seguíase sen problema. O día xa abriu de todo, e iso axudaba. Este descenso é forte, pero a zona é preciosa. Estamos cerca das Aigüestortes, que tamén dan nome o parque. E fan honra ao seu nome: os ríos baixan zigzagueantes e ruidosos no centro do val, facendo pozas e rodeados de herba. É un paraíso.


Continuamos baixando, alternando zonas suaves con zonas con pendente. Entramos nun bosque de piñeiros e chegamos o punto no que o val do Contraix cruzase co val de Estany Llong. Subimos por este último, pasando polo refuxio da Centraleta, que creo que está en deshuso, e chegamos ao Refugi Estany Llong sobre as 15:15.


Tardamos moito máis que as 5h30 que se indica nos carteles informativos. O resto de días cumplimos máis ou menos o tempo estimado entre refuxios. Hoxe o superamos con moito, pero non pasa nada, xa contabamos con elo. A etapa foi dura, pero pareceume das máis fermosas de todo o percorrido. Case nos fai esquecer o “reto” acadado: Superamos o famoso Contraix.


Refugi de Estany Llong

A ledicia non é completa. Temos unha lesionada no grupo. Ao parecer un mal paso e o sobreesforzo cargaron o seu xeonllo. Lamentablemente, parece que o día seguinte deberá abandonar, xa que Estany Llong é dos refuxios con acceso máis sinxelo. A 40min a pé do parking por pista. É unha mágoa porque ata agora fora todo xenial.


A cola da ducha de auga quente é eterna, polo que algúns duchamonos en auga fría, que é de balde. Lavamos roupa e damos un paseo ata o lago que da nome o refugi: Estany Llong. Moi grande, rodeado de rochas abruptas e idílicas pradeiras.


Aproveitamos para informar a familia e amigos, xa que este refuxio ten wifi (de pago).


Na cea tocounos na mesa cunha parella francesa, coa que desoxidei o meu francés intercambiando impresións da ruta, e con uns irmáns (irmá e irmao) pamplonicas cos que coincidiríamos no resto dos refuxios. Tamén había grupos de valencianos, vascos… o ambiente estaba bastante animado. Supoño que por ter superado todos o Contraix. Os que non vimos foron o pai e o fillo cos que cearamos o día anterior. Agardo que non tiveran ningún percance serio.


Co cansanzo de ter rematado a etapa raiña, retiramonos a un profundo e merecido sono.

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Bretema nas Cíes

  Debido, imaxino, ao éxito das Illas Cíes agora está máis dificil conseguir praza para o camping. Hai que collelo con bastante tempo de anticipación. Así que pode pasar que, cando chega por fin o día de ir gozar das illas, toque temporal. Pódese pensar que é unha boa mala sorte: ter que pasar a tarde agotando as reservas da cantina do camping, achicar auga da tenda de campaña, esquecerse de ver estrelas, nin starlight, nin nada. A boa nova foi que o día seguinte do temporal, amenceu con sol. Polo menos iase secar a tenda.  Pero nin por esas: antes de que avanzara a mañá, chegou unha brétema marítima que impedía ver nada. Nin ir a praia, nin bañarse, porque había frío. Pois non queda outra que ir ata o faro de Cíes.  Quen ia pensar que, a metade de camiño iamos sobrepasar a nevoa, e camiñar sobre as nubes. E ver como as illas facían de barreira natural das nubes que non paraban de chegar dende o Atlántico. Polo de agora, as Cíes sempre compensan.

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran  Volta ao inicio e saida da alta montaña. Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech. O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier. Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita Pedras con formas curiosas Máis entradas do Passaran  Aquí