Na poboación portuguesa de Arouca decidiron darlle un empurrón a economía local e ao parque xeolóxico construindo unha ponte enorme que unía as dúas vertientes do río Paiva. Nesta zona o río está encañonado, e a ponte salva unha altura duns 175metros. Chámase "arouca 516" porque son os metros de lonxitude que ten a construcción. Non se comeron moito a cabeza. Impresiona camiñar colgando desta edificación, xa que o chan é de rexilla, e vese o fondo abaixo de todo. Para completar o complexo, fixeron unhas pasarelas (Passages do Paiva). Teñen un tramo que me parece espectacular, cando vencen todo o desnivel que ten o río cunhas escaleras que baixan ata case o cauce da auga. A verdade é que me gustou moito. Está nun entorno moi fermoso. Ademáis tivemos a sorte de estar case que sos en todo momento, xa que estaba día de choiva e non se animou moita xente a camiñar por esta ruta. Imaxino que en outras condicións haberá moitas persoas.