Si, non é a primeira entrada que publico de Porto. De feito fixen unha hai pouco. Pero é que me gusta moito.
Posiblemente será absorbida polas aglomeracións e perderá a súa identidade. Pero ten un encanto especial.
Porto xa ten o que teñen todas as cidades cosmopolitas: Turistas enchendo terrazas, despedidas de solter@, postureo, moreas de free tours...
Non se me entenda mal: tod@s temos dereito a facer estas cousas, e tod@s as fixemos nalgún momento. Pero hai que ser conscientes que facendoo, cambiamos os lugares.
Pode ser que non quede outra opción para dinamizar e revitalizar vilas como Porto. Enchelas de visitantes. Pero hai que ser conscientes que se deixan cousas polo camiño.
No que se refire a lugares, máis que as súas archicoñecidos reclamos, gustame esa esencia tan recoñecible que ten, e a cantidade de recunchos especiais.
Ademáis, estase resetaurando e recuperando (ao meu modo de ver) con respectando o conxunto e estructuras orixinais.
Está bonito ir a recunchos anónimos, pero tamén facer o guiri nos sitios coñecidos, por suposto,
Está ben facer o guiri en boa compañia. E abusar un pouco da súa paciencia para quedarme a gusto fozando coa Leica.
Derradeira polo de agora...