Saltar ao contido principal

Luces de Nadal de Vigo. Ben, ou mal?


Este Nadal tentei vencer certas teimas que teño (basta visitar un par de entradas deste blog
para comprobar o meu desapego as masificacións), e saín dous ou tres días, cámara en man,
pola “zona cero” do alumeado navideño de Vigo.


O que ninguén pode negar é que o impacto deste fenómeno é brutal. Pero... é un impacto
positivo, ou negativo? Tod@s temos a nosa opinión ao respecto. Probablemente rotunda, como corresponde a estes tempos de polarización. Eu tamén. Ainda así, tentei enumerar todos os aspectos que atopei, a favor e en contra, p
ara poñelos na balanza e replantexarme si se pode afirmar que é tan beneficioso para a cidade de Vigo, ou se é perxudicial. Ou un pouco de todo.



Beneficios, ou personas beneficiadas:

- Os negocios de hostelería do centro 
e hoteles.
Facturan moitísmo máis nestas datas que antes da explosión do nadal en Vigo. Ainda así sería bo cuantificar esa diferenza de facturación entre os anos previos e a actualidade. Con estes beneficios, quero pensar que contratan a xente de Vigo, pagan o que teñen que pagar, tributan os seus impostos, e, posteriormente fan gasto en outros negocios da cidade. Esto aporta riqueza á vila. É innegable.

- Imaxe de cidade. 
Se ben é un concepto etéreo e difícilmente cuantificable, sempre se considera como algo positivo “estar no mapa”. Tanto para orgullo e satisfacción da cidadanía como para atraer un posible turismo desestacionalizado (o resto do ano)


- Empresa que organiza o mercado de nadal ou “Cies Market”.
Descoñezo canto paga pola concesión para montar, xestionar e adxudicar os postos, pero según lin, o que cobran polo que menos custa son 7000€. E hai uns cantos. Desgraciadamente, esta empresa seica é de Madrid, polo que os seus beneficios directos non repercuten en Vigo.

- Empresa alumbrado.
Non hai moito que explicar. Ximenez é un dos beneficiados polo seu enorme traballo. Son de Córdoba, ainda que descoñezo se contratan a xente de Vigo, e polo tanto deixan riqueza aquí.


- Persoas ou empresas que explotan os postos. 
A pesar do alto importe a pagar polo posto, imaxino que a elevada afluencia de xente reporta beneficios. Ainda que soamente sexa por cobrar 3.5€ por unha cervexa en vaso de prástico, ou 8€ por un chourizo criollo. Imaxino que parte destes postos serán de Vigo, e parte non. Polo que unha parte revirte na cidade.

- Atraccións a carón do mercado (saltamontes, noria…). 
Máis de dous meses seguidos de xente contínua ten que dar moitos cartos. Ainda que estou case seguro de que a xente que as monta non é de Vigo, polo que este beneficio para a cidade reducese ao que pagan ao concello pola concesión (ou a empresa de Madrid que monta o mercado)


- O alcalde. 
A verdade é que dubidei se mételo na lista dos beneficiados, porque é o principal promotor, e polo tanto debería ponerse ao marxe. Pero paréceme indubidable que as luces benefician a súa imaxe. Porque aparentemente é o seu proxecto persoal, e sae en moitos medios nacionais. Non contrata voceir@ ou pregoneir@ para os actos: faino el. Esto lle da unha proxeccion tremenda, xa que resulta omnipresente, sobre todo en medios locales (ainda que esto é outro tema). Pódese decir, con toda a razón, que, como organizador, é lóxico que a súa imaxe se beneficie da repercusión que teñen as luces. Por ese mesmo motivo, non se pode negar que é un dos beneficiados.


- Comercios e tendas do centro. 
A afluencia de personas dalles máis público que de costume, polo que entendo que facturarán máis que o resto do ano.

- Transportes e parkings. 
O colapso do tráfico e por tanto do transporte público fixo que moita xente se animase a vir en barco a Vigo dende o Morrazo. Ou en tren. Os parkings estiveron completos moitos días do Nadal.



Perxuizos ou personas perxudicadas:

-Veciño@s do centro.
As personas máis perxudicadas son as que viven na zona cero das luces. No centro e concretamente na praza de Compostela. Non hai moito que dicir: Vivir máis de dous meses nunha marabunta, ruido, suciedade, dificultade de acceso en vehículo a parkings ou garaxes, problemas para moverse pola rúa… Non hai que ser unha persoa super empática para entender que a vida é moito máis difícil para esta xente nestes meses de Nadal.

- Comercios do centro desestacionalizados.
Ademáis da xente que vive propiamente na zona, vense perxudicados comercios que non son tan estacionales ou cuios potenciales clientes non son os visitantes: Perruquerías, clínicas de todo tipo (ópticas, do pé, fisioterapeutas, psicólogas…) xa que o acceso dos seus clientes está moito
máis complicado, e aprazan ou prescinden de sesións.


- Facer recados.
Clientes destes últimos comercios, ou calquera persona que teña que facer unha xestión ou recado no centro. Volvese moito máis incómodo. A zona cero convirtese nun campo de obstáculos. E se o recado implica coche, a misión volvese directamente imposible se coincide un día de moita afluencia.


- A masificación. 
A verdade é que me desconcerta moito este tema. Vexo como as administracións (Xunta e Concello) trasladan a idea á cidadanía de que a masificación é positiva, sen ningún tipo de dúbida, e a poboacion merca este concepto. Por contra, para mín, a masificación endémica dana irremediablemente o estilo de vida das poboacións que a sufren. Provoca que a xente se farte e marche, xa que os seus barrios volvense inhabitables. Os pisos de residentes pasan a ser turísticos. Pérdese o patrimonio inmaterial, que é a veciñanza e as súas costumes e o seu modo de vida. É un modelo do que se arrepinten en outras cidades, e tentan revertir. Porén, en Vigo parece que o buscamos con entusiasmo. 
Ainda non chegamos a niveles de non retorno. Pero compre reflexionar, sobre todo vendo que estamos na espiral de ter que superar cada Nadal o ano anterior para manter vivo o interese. Non digo que o turismo sexa necesariamente malo, pero ten que ter uns niveles compatibles co estilo de vida das veciñas e veciños. E debería ser desestacionalizado. De non ser así, o visitante atoparase un parque temático, non unha cidade con vida e cultura propias.


- O medio ambiente. 
Nunha cidade concebida e diseñada para o transporte en vehículo privado (non entro nas causas nin no porqué, pero é unha realidade palpable) unha afluencia tal de xente provoca inevitablemente colapsos. Todo ese número de coches atascados, ainda que apaguen o motor ao deterse, afecta inevitablemente a calidade do aire. Ademáis está o consumo eléctrico, a contaminación lumínica e acústica. Non pretendo ser tendencioso, pero o lema da mellor cidade para vivir, nos meses das luces, paréceme profundamente inexacto para a veciñanza do centro. Pero para tratar sobre o medio ambiente, mellor ler os ecoloxistas, concretamente a un que se explica moi ben, como é Antón Lois de Amigos da Terra.


- A alameda. 
Esta área é un espazo protexido da cidade de Vigo. Tanto a súa fauna como a súa flora. Non hai que ser botánico nin biólogo para entender que montar todo un mercado de variedades baixo as súas  árbores non é o mellor para a súa saude.

- Comercios de fora da zona centro. 
Incorporo á lista, porque xa escoitei varias veces que se queixan de que todo se concentra nunha zona que non é a súa, e perden clientela nestas datas. Máis habería que comparar cifras de facturación dos anos previos cos anos actuais para comprobar que entran dentro dos damnificados.



Seguro que hai máis cousas, pero non se me ocorren máis neste momento. Ainda así, é un bo número de elementos para reflexionar se o beneficio do grupo de personas agraciadas polas luces, compensa os perxuizos que sufren as personas afectadas.

E concluir se "O mellor nadal do mundo", tal e como está prantexado, supón unha vantaxe ou un problema para a cidade no seu conxunto. Se está ben como está, ou hai que darlle unha volta.


Imaxino que antes de organizar semellante evento, as personas que gobernan evalúan o que traen as luces de nadal a Vigo. Tanto o bo coma o malo. E tras valoralo, deciden que os problemas que xeneran son menores que os beneficios que aportan a cidade e a cidadanía. Nada que obxectar. Simplemente que estaría ben falar con todas as partes implicadas. Gobernar é recibir palmadiñas, pero tamén escoitar problemas. O municipalismo é eso: contacto coa xente, afin e non afin.

Se alguén chegou ata aquí, non prantexo esto para convencer a ninguén de nada. Esto é un blog de fotos sen maiores pretensións. Simplemente, nunca está de máis botarlle unha pensada as cousas.

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Bretema nas Cíes

  Debido, imaxino, ao éxito das Illas Cíes agora está máis dificil conseguir praza para o camping. Hai que collelo con bastante tempo de anticipación. Así que pode pasar que, cando chega por fin o día de ir gozar das illas, toque temporal. Pódese pensar que é unha boa mala sorte: ter que pasar a tarde agotando as reservas da cantina do camping, achicar auga da tenda de campaña, esquecerse de ver estrelas, nin starlight, nin nada. A boa nova foi que o día seguinte do temporal, amenceu con sol. Polo menos iase secar a tenda.  Pero nin por esas: antes de que avanzara a mañá, chegou unha brétema marítima que impedía ver nada. Nin ir a praia, nin bañarse, porque había frío. Pois non queda outra que ir ata o faro de Cíes.  Quen ia pensar que, a metade de camiño iamos sobrepasar a nevoa, e camiñar sobre as nubes. E ver como as illas facían de barreira natural das nubes que non paraban de chegar dende o Atlántico. Polo de agora, as Cíes sempre compensan.

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran  Volta ao inicio e saida da alta montaña. Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech. O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier. Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita Pedras con formas curiosas Máis entradas do Passaran  Aquí