Larrau é o porto que separa Navarra de Francia. Partir dende a frontera é a forma máis sinxela de acceder ao pico Ohri. Dende este cumio podese ver tanto a Selva de Irati dende o alto, como a vertente gala. Máis o día que nos tocou non prometia moito, porque no collado non se via nin a cinco pasos. Por sorte, ao comezar a camiñar deixamos a névoa atrás, e nos permitiu estar sobre un mar de nubes, no que sobresaian as cumbres francesas.
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".