Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

Peña Ubiña

  Subida clásica a este emblemático pico.   Dende Torrebarrio, preto de San Emiliano.  Nos poucos máis de dez quilometros subense e baixan máis de mil metros de desnivel.  Pero paga a pena, porque a paisaxe é ben fermosa.  Tanto da parte leonesa coma no collado Ronzón, onde se xunta coas rutas que veñen de Tuiza, en Asturias. Como era sábado de ponte, era un pouco berbena de xente.  O que me pon algo nervioso sobre todo cando hai zonas de pouco paso que poden estar expostas.  Por sorte na Peña Ubiña solo hai un par de sitios nos que ocorre esto.  Eso si, o de estar en intimidade no cumio, imposible.  Ao ser unha montaña bastante illada, as vistas son impresionantes en todas direccións.  E o cresteo é moi chulo tamén.  Por sorte as nubes que apareceron non chegaron a descargar e tivemos a baixada en paz.

Vixiador

Gustame moito este monte porque creo que é o que ten máis bosque autóctono de todo Vigo.  Normalmente non hai moita xente. (quitando os domingos, que é como Coruxo un parque temático de bicis).  Sempre que vou en bici ou a pasear para buscar sendeiros con desnivel levo a cámara.  Case sempre hai unha árbore, unhas vistas, un recuncho que me chama a atención. E bueno, tamén está o banco de Galiza is different, enriba da ponte de Rande.  Eso está menos tranquilo. Pero hai que recoñecer as vistas que ten da ponte son ben chulas.   A verdade é que penso que non lle fai moita falta o  banco de marras.  Xa se sabe, un sitio sen banco non é un sitio instagrameable.