Coruxo, 18 de Outubro.
Din
unha pequena volta en bici, e saquei algunha que outra foto co móvil,
maravillado coas cores do outono que teñen os coidados castiñeiros do
parque forestal.
Seis horas máis tarde, todo cambiaría.
Tres días despois, o corpo pediume subir ao monte. Tra-la noite do 15 de Outubro, comprobei que unha vertente do parque librárase do incendio. Pero a cara que baixa cara Fragoselo estaba arrasada. Mesmo sen sair das pistas principais (para non estragar ainda máis o monte) a imaxe era desoladora. Parei na beira do camiño xusto onde sacara unha foto o domingo anterior, para comprobar a desfeita.
Non quero ser frívolo. Obviamente hai xente que perdeu moito máis do que perdemos @s que choramos o monte. Incluso ain@s que perderon todo. Eles/as son as principales victimas deste desastre.
Dos que prenden non quero nin falar. Como xa me preguntaba o ano pasado, mentres non cambiemos de modelo forestal, cada vran seremos un pouco máis pobres.
Tres días despóis |