Saltar ao contido principal

Terras do Burón

Antigo nome do territorio que engloban os actuais concellos de A Fonsagrada, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz. Que hoxe, xunto con Baleira e Pontenova, forman a parte galega da reserva da biosfera "Eo, Oscos e Terras do Burón".
A súa historia xira ao redor do Camiño primitivo de Santiago. Pero hai moito máis...


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Miradoiro de Barangón


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Seimeira de Vilagocende


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Marronda


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Horreo da Cortevella


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Rio Queixoeiro


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
A Chaila


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Senda de Vilagocende


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Muiño da Cortevella


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Castro Viladonga


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Auga


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Inverno dos castiñeiros na Fonsagrada


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Muiño no Río Suarna


Terra do burón Oscos Eo Fonsagrada Negueira de Muñiz Ribeira Piquín Baleira Lugo
Seimeira de Queixoiro


Percorrer a comarca da Fonsagrada transmite unha sensación de afastamento total. Extensións inmensas, verdes, bosques, rios e carreiros nas que a man do home apenas se manifesta. E cando se manifesta a natureza volve engulir.

Calquera época do ano debe de ser boa para descubrir as Terras de Burón, xa que estas imaxes foron tomadas na supostamente peor de todas: Inverno, tempada de choivas, treboada, cos carreiros completamente enlamados e as sendas fluviais impracticables polas subidas dos rios. Iso si, as fervenzas ou seimeiras, tiñan máis forza ca nunca. 

Fotos do Río Queixoeiro, Seimeira de Vilagocende, Ruta da Chaila, Fraga da Marronda, área da Cortevella, miradoiro de Barangón, e o castro de Viladonga, algo máis afastado.

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Bretema nas Cíes

  Debido, imaxino, ao éxito das Illas Cíes agora está máis dificil conseguir praza para o camping. Hai que collelo con bastante tempo de anticipación. Así que pode pasar que, cando chega por fin o día de ir gozar das illas, toque temporal. Pódese pensar que é unha boa mala sorte: ter que pasar a tarde agotando as reservas da cantina do camping, achicar auga da tenda de campaña, esquecerse de ver estrelas, nin starlight, nin nada. A boa nova foi que o día seguinte do temporal, amenceu con sol. Polo menos iase secar a tenda.  Pero nin por esas: antes de que avanzara a mañá, chegou unha brétema marítima que impedía ver nada. Nin ir a praia, nin bañarse, porque había frío. Pois non queda outra que ir ata o faro de Cíes.  Quen ia pensar que, a metade de camiño iamos sobrepasar a nevoa, e camiñar sobre as nubes. E ver como as illas facían de barreira natural das nubes que non paraban de chegar dende o Atlántico. Polo de agora, as Cíes sempre compensan.

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran  Volta ao inicio e saida da alta montaña. Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech. O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier. Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita Pedras con formas curiosas Máis entradas do Passaran  Aquí