Saltar ao contido principal

O Parque García Picher

Este pequeno parque está ao lado da praza da Industria conservera. 

Non é o máis fermoso de Vigo.



Tampouco é o que ten máis árbores 


Pero cumple perfectamente a súa función.

é un espazo onde airearse, atoparse, ou sacar os cans. Ten tamén parque infantil e onde xogar a pelota

Tamén serve para atopar sombra no vran, que tal e como está o clima e a cidade boa falla fai.


A veciñanza está contenta co seu estado actual.




Quizáis sería bo algo máis de limpeza mantemento en certas ocasións. Supoño que depende dos recursos disponibles.

Porén, hai un proxecto para mudalo por completo



Cambiar a masa arbórea por outra, e instalar un parque infantil


Eliminar o actual, e cambialo por un enorme con torres de xogo inspiradas nas guindastres, en homenaxe a industria

Pero claro, as novas arbores non van dar a mesma sombra que as actuais. Por moito que se repoñan nunca vai ser o mismo. A sombra tarda anos en xerarse.


Penso que é evidente. Hai que pensar moi moito antes de cortar unha arbore na cidade. Son valiosas e escasas.

Ademáis, teñen a súa función. Tanto para insectos como para paxaros. O ser humano non é o único nas cidades, e as especies animáis teñen unha labor moi importante da que tamén nos beneficiamos.

A homenaxe a industria está moi ben. Pero quizáis xa chegue que as crianzas xoguen coas guindastres ao fondo. Non é necesario que suban por unha imitación delas.

E eso dos parques infantís temáticos que tanto proliferan... eu son dos que pensa que unha herba e uns columpios estimulan máis a imaxinación. Pero é outro tema e é a miña opinión.

Máis aló de estas consideracións, das que se pode estar a favor ou en contra

O que canta de todo esto é que se a veciñanza está contenta co que ten, ou propon algunas modificacións, pero non está de acordo con reemplazalo por completo...


Non debería quizáis ser escoitada?

Fixeron as suas movilizacións e os seus intentos de trasladar outra proposta, pero coido que a veciñanza non foi atendida ou recibida



Tamén canta, porque a democracia é partipar, non solo votar cada catro anos. E xa que agora todo o mundo tiramos polo pasotismo, creo que está ben que haxa xente que queira aportar.

Si, ofrecer alternativas e prantexar alternativas é facer política, pero non ter cor político. que son cousas ben diferentes.

Ainda non está nada feito, pode que a administración escoite.

Ou pode que non. Veremos.




Todas as fotos desta entrada foron tomadas no Parque García Picher. Praza da industria conservera, Vigo

Publicacións populares deste blog

Dolomitas I. Col di Lana e Monte Paterno

Alpes Dolomitas. Col di Lana, e vista das tres cimas de Lavoredo dende o Monte Paterno, pola via ferrata innerkofler. Settsass dende Col di Lana Sella Vacas dolomitas Tres cimas de Lavaredo dende monte Paterno Punta Tre Scarpieri Ferrata Innerkofler Tres Cimas de Lavoredo Rifugio Locatelli Nos Dolomitas todo é grande. Os vales son amplos e verdes, de prados e bosques. Os seus espectaculares cumios rochosos aparecen ben separados entre eles, con paredes que semellan verticales e inaccesibles, de formas caracteristicas. As imaxes desta entrada foron tomadas na excursión ao Col di Lana (2462m) e a subida ao Monte Paterno (2744m, pola via ferrata Innekofler.

Expresión na rúa

Na vila están a proliferar muráis apadrinados pola administración (o que está moi ben). Inda así, dende aqui quixera resaltar as expresións urbanas anónimas. Xente que fai pequenas cousas sen tanto patrocinio nen difusión, con poucos máis medios que a propia imaxinación. As fotos están feitas en Vigo e Lyon. En Vigo hai un programa en marcha para decorar medianeras con muráis pintados. En Lyon levan tempo facendoo. En paralelo, xente creativa hai en todos os lados. Sobre as obras, non teño nin idea de quenes poden ser os autores, simplemente chamáronme a atención.

Pura Vida (1)

Pura vida, é un especie de saudo en Costa Rica, unha resposta  a pregunta mecánica “Hola, Como estás?”. Sen embargo, esta frase para os costarricenses vai máis alo: simboliza un xeito de entender a vida. Expresa a simplicidade do bo vivir, optimismo, alegría, abundancia e exuberancia interpretadas dende un punto de vista sinxelo e humilde. Como na naturaleza. Un reflexo desa diversidade natural da que disfrutan os “ticos”.  Pura Vida (Morpho Azul Costa Rica) Cangrexo Halloween A espera Araña Oro Orbe Pelícano Iguana

Coronavirus. Etapas do confinamento

Durante este tempo de confinamento pasamos por diversas etapas. Cloe tamén.  1- Sorpresa e incredulidade 2- Pánico e histeria 3- Aprovisionamento compulsivo 4- Busca implacable de culpables 5- Policía de balcón 6- Crerse o enésimo bulo 7- Sensación de que non pasa o tempo 8 - Adaptación á situación 9- Escoitar "Resistiré" por centocincuenteava vez 10- Aburrimento 11- Incertidume 12- Temor ante o futuro E namentres... #Euquedonacasa Actualización post-confinamento Síndrome da cabana

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...