Saltar ao contido principal

Sachsenhausen

Isto é un blog de fotos, e non acostumo a escribir moito. Pero despois da visita ao campo de concentración de Sachsenhausen estiven a darlle voltas a cabeza sobre o que vin, e decidinme a compartir en "ollarpolafiestra" o que coñecín alí. Non é moi orixinal, pero sentino así. Estas non son grandes fotos, nin fermosas, nin nada técnicas. So tentan transmitir a desazón que se sinte ao ir descubrindo as cousas que sucederon nese lugar.



Sachsenhausen foi un dos primeiros campos de concentración en construirse. Pola súa cercanía a Berlín, rematou sendo a sede das xefaturas administrativas do entramado de campos nazis. Antes da guerra, os prisioneros eran principalmente opositores ao réxime e xudeus. Durante a guerra, chegaron moitos polacos e soldados rusos. Se calcula que pasaron 140.000 persoas polo campo. En principio foi de concentración, non de exterminio, pero alí morreron ou foron executados mediante horca, gas, ou fusilamento uns 30.000 presos (hai fontes que falan de cifras moito maiores)





Campo de concentración Sachsenhausen. Oranienburg. Berlín. Entrada del campo


A entrada


Para chegar á porta, os prisioneiros eran moitas veces levados en tren ata a estación de Oranienburg, e despois escoltados a pé durante os 25 min de traxecto entre a estación e o campo de concentración. Durante o camiño, parte da poboación da vila tiraba obxetos e insultaba aos xudeus, con proclamas racistas e nacionalsocialistas.


Campo de concentración Sachsenhausen. Oranienburg. Berlín. puerta de entrada al campo


Arbeit Macht Frei


“O traballo vos fara libres”. Frase de benvida a moitos campos de concentración. Visto dende fora en aquela época, a frase podía significar que os prisioneros entran para traballar e reformarse. Pero claro, sabendo hoxe o que pasaba alí dentro, o significado resulta bastante máis cínico: traballo forzado coa morte como liberación


Campo de concentración Sachsenhausen. Oranienburg. Berlín. Prueba de botas militares


Probar as botas


Un dos traballos forzados consistía en probar as botas militares. Para facer test de distintos tipos de suela, as SS obrigaban a prisioneros a correr durante todo o día sobre diferentes tipos de superficies baixo ameaza dos fusiles. O testimonio dun reo homosexual é terrible. Como tiña que correr durante todo o día con feridas nos pes e sen parar para xantar.


Campo de concentración Sachsenhausen. Oranienburg. Berlín. BArracones 38 y 39. Los que quedan en pie


Barracóns 38 e 39


Os prisioneiros durmían hacinados nos barracóns. Deitados nas liteiras, tiñan que xirarse todos dunha vez. En caso de ir o baño durante a noite perdíase o sitio para durmir. Só podían ir ao retrete o principio ou o fin do día.


Campo de concentración Sachsenhausen. Oranienburg. Berlín. Celdas de castigo.


42 días


As celdas de castigo estaban destinados para castigar determinadas actitudes no campo, ou para prisioneiros especiais. Torturábase e asasinábase. Raramente volvía alguén de alí. No museo contan o caso dun prisionero soviético que foi enviado a unha das celdas. Estivo recluido 42 días (o que establecen as normas de Himmler), cunha taboa na fiestra, sen cama nin luz, cunha ración de pan cada 4 xornadas. Chegou a recibir a visita do jefe de campo para asegurarse se ia morrer. Sorprendentemente, resistiu, e o seu testimonio e as secuelas sufridas están recollidos no memorial.


Campo de concentración Sachsenhausen. Oranienburg. Berlín. homenaje a los rusos ejecutados en el campo


Queimar rusos



Estimase que 18000 soldados soviéticos foron executados en Sachsenhausen. A cantidade de mortes no campo obrigou a crear fornos crematorios nos que desfacerse dos cadáveres de forma discreta. O que non se podía agochar era o olor forte que inundaba a vila. A xefatura das SS ordeaba negar todas estas prácticas. A pesar diso, que se incineraban cadáveres de soldados rusos era un segredo a voces en Oranienburg. Inocentemente, os nenos do pobo preguntaban aos xendarmes das SS: “hoxe tamén ides queimar rusos?”. 



A estas alturas xa tiña un mal corpo de carallo. Nada comparado a descubrir os experimentos médicos. Quizáis o máis estremecedor da visita. Escoitar casos de testimonios de enfermeros que presenciaron probas feitas con nenos xudeus. Introducir enfermedades e facer seguimento das “progresions” sen ningún tipo de anestesia.


Campo de concentración Sachsenhausen. Oranienburg. Berlín. Reflexión


Non chega a sair o sol



Non me quero poñer moi profundo. Poucos temas provocan tantas reflexións e conclusións como os campos de concentración. A nivel persoal tentei asimilar que algo tan lonxano e inverosímil poidese ter ocorrido. Tentei asumir que poida chegar a entrar dentro da condición humana tal falta de empatía, de odio ao diferente.

Durante a visita, un guía comentaba a un grupo de escolares que a situación actual de Centroeuropa non dista moito da dos anos 30. Non anda desencamiñado. E digo eu: As  administracións invisten en mostrar e restaurar os campos de concentración para manter vivo o recordo. Sen embargo, ao mesmo tempo, esas mesmas administracións semella que ignoran, e incluso alimentan, a semente que tivo como resultado os feitos que se repudian nestas exposicións.
O meu indocumentado punto de vista é que o desprecio o diferente non é algo intrínseco ao ser humano, pero cultivase e provocase cando conven para acadar certos obxectivos. So así me explico que continúen conflictos étnico-social-relixiosos no que participan incluso os pobos que sufriron - e tanto se esforzan hoxe en rememorar - o holocausto nazi.

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Carros de Foc. Día 3

Terceiro día da travesía. Do Refuxio da Restanca a Ventosa i Calvell. Paso polo "escondido" Coll de Tumeneia. ​ Bos días Restanca! Estany escondido Por aquí non pode ser Bordeando Estany Gelat de Tumeneia grande Entre lagos Estanys gelats de Tumeneia Bordeando estany gelat de Tumeneia (pequeno) Algo máis que descanso Xa se ve o refuxio! ​ Restanca – Ventosa i Calvell Amaneceu na Restanca con moita névoa e pouca visibilidade. De cando en vez abría, pero voltaba a pechar. Pensamos en botarnos atrás no paso polo Coll de Tumeneia, pero o final decidimos avanzar, xa que para dar volta tíñamos todo o día. Comezamos a camiñar as 7:40 bordeando o Estany de Restanca según as indicacións que nos deran os madrileños o día anterior. Tras chegar ao lado contrario do refuxio, o camiño abandona o lago e sube por un bosqueciño de pinos ata atopar o poste torcido, onde teríamos que desviarnos.  A pesar da néboa ...

Letras galegas

17 Maio 2016 Galiza  docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar! ... Galiza somos nós: a xente e máis a fala. Se buscas a Galiza en ti tes que atopala.(*) Manuel María, Os soños na gaiola. (*) Extracto do poema "Galiza"

Valle del Cocora

 Fotos feitas durante o roteiro de sendeirismo que percorre o val do Cocora. Dentro do eixo cafetero Colombiano. A ruta comeza no bosque de palmas de cera. Simbolo de Colombia. Aqui hai varios miradoiros e é unha zona moi visitada. A medida que se vai subindo e introducindose no val do rio Quindio vaise atopando menos xente. O carreiro pasa por varias fincas que son de pago. pensaba que era para protección da area, pero seica é porque son parcelas privadas. Tamén se pode visitar unha caseta onde se pode ver colibries e se pode tomar café. Para atraer aos paxariños, está rodeada de cuncos con auga con azucar.  Nun principio non mepareceu moi ben este intervencionismo para que os guiris vexamos a estes pequenos animáis. Pero despois estiven buscando e non teño claro que sexa perxudicial para eles, máis alá de que imaxino que se malacostumbrarán. O remate é unha baixada a beira do rio, que ten varias pontes e algunha fervenza, como a que se chama Palmas de Niebla. Track da ruta a...

A Fraga de Coiro

Esta pequena xoia do Morrazo une a parroquia de Coiro co alto de Ermelo. Para adentrarse nela dende o sur, hai que comezar subindo polos camiños que aparecen despois da igrexa. Pouco a pouco, os ruidos do esperpéntico vial van deixando paso aos murmullos do Rego Bouzós. Entrada da Fraga O traxe verde do Carballo Outros habitantes da fraga Fontes de Luz Azafranes entre a sombra A fervenciña do Bouzós Ermelo Bouzós en outono Profundidades da Fraga A igrexa de Coiro 300 metros de desnivel. Carreiros auténticos, sen adecuar, un pouco laberinticos as veces. Raios de sol, que tentan abrirse paso entre as polas, sen moito éxito. Auga, carballos, follas, troncos novos, troncos vellos, sombras... Un verdadeiro oasis no deserto do monte invadido. Ogallá resista. Xa o dicían eses artistas de SOAK: Polo monopolio do eucalipto… viva san carballiño!