Saltar ao contido principal

Carros de Foc. Dia 1


Vista desde el mirador de San Maurici, estany y els encantats. Ruta de los carros de foc
O miradoiro de San Maurici


Subida al port de ratera. Carros de Foc. Parc nacional Aigüestortes i Estany San Maurici

"Entre pedra, nubes e neve"

- Subida o Port de Ratera -



"Duplicar as nubes" 

- Port de Ratera -



Carros de Foc. Subida al port de Ratera. Parc nacional Aigüestortes i Estany San Maurici

Estany Ratera" 

Punta d'Estasen, Tuc Saboredo e Pic Amitges dende Port de Ratera. Carros de Foc. Travesía por el Parc nacional Aigüestortes i estany San Maurici

"Entre a auga e o ceo"

- Punta d'Estasen, Tuc Saboredo e Pic Amitges dende Port de Ratera -



Carros de Foc. Travesía por el Parc nacional Aigüestortes i estany San Maurici

"O camiño"

- Port de Ratera -



Port de Ratera. Carros de Foc. Travesía por el Parc nacional Aigüestortes i estany San Maurici

"Evasión"



Carros de Foc. Travesía por el Parc nacional Aigüestortes i estany San Maurici. Estanh Naut de Saboredo

"Baixada entre Estanys"

- Estanh de Naut de Saboredo -



Carros de Foc. Travesía por el Parc nacional Aigüestortes i estany San Maurici. Estanh Naut de Saboredo

"Saboredo"

Carros de Foc. Travesía por el Parc nacional Aigüestortes i estany San Maurici.  Saboredo

"Entra a néboa"

- Refugi de Saboredo -

Mallafré – Amitges - Saboredo

A nosa primeira xornada non debía plantear moitos problemas: 750m de subida e 390 de baixada, unhas 4-5h. O percorrido ata Amitges faise moi ben. O único problema que tivemos foi a calor que fixo ese día. 

Tras voltar do Refugi Mallafré (1950m) empezamos camiñando pasadas as 9:30 nas zonas dos arredores do Estany San Maurici, subindo case sempre por unha pista entre un bosque de pinos. Desviámonos por un sendeiro para ver a fervenza da Ratera, bordeamos o estany de Ratera e desviámonos outra vez para ir ao mirador de l'estany San Maurici, dende onde se aprecia o propio lago e os “elegantes” Encantats. 
A esta altura o bosque xa desaparecera. Nesta zona, cruzámonos con varios excursionistas de un día que disfrutaban do entorno máis accesible. 

Seguimos pola pista, as veces moi empinada, ata chegar a Amitges (2380m), sobre as 11:30. É un refuxio pequeno que imaxino que será de paso para moita xente, pola súa cercanía a Mallafré. Moitos sendeiristas empezan a travesía desde Espot. Non o vin detidamente porque non saquei as botas (nos refuxios, en xeral, hai que deixar o calzado, os bastóns e as mochilas fora). Dende o exterior hai unhas vistas preciosas do Estany San Maurici, e das afiladas cimas das agullas de Amitges. Repuxemonos un pouco, sellamos o cartón, e puxémonos en marcha ata Saboredo.

Nada máis sair de Amitges empeza a subida ata o Port de Ratera. Vai por sendeiro, polo que non é moi complicada, pero ten algunha que outra pedra e ás veces tira bastante para arriba. Bordeamos o Estany des Barbs e cada vez o imos deixando máis abaixo.

O alto do Port de Ratera (2600m) é precioso. O terreo é suave, con herba e ten un pequeño lago xusto ao lado. Isto fai que sexa un sitio ideal para pararse a xantar. O lugar é verdadeiramente bucólico. Dende alí vese que parte un sendeiro que leva ata o Pic de Ratera, dende abaixo non parece moi difícil, pero nós non iamos a facer picos.

Continuamos baixando progresivamente ata o refuxio de Saboredo, bordeando unha serie de lagos, de xeito que os vemos dende arriba e nos imos acercando a eles pouco a pouco. As vistas son espectaculares. O camiño faise ben, é agradable, inda que tanta baixada carga os xeonllos. 

Estas dúas primeiras etapas están perfectamente sinalizadas, primeiro cos postes amarelos característicos dos Carros de Foc, e logo cun tramo do GR 211. 

Case sen enterarnos pola beleza da paisaxe, chegamos o refuxio de Saboredo sobre as 15:15, onde iamos durmir esa noite. Rematamos contentos, porque fixemos a primeira etapa sen moito problema. Isto danos ánimos, dentro do respeto que nos infunde a ruta.



Refugi de Saboredo

O Refuxio é pequeno, pero acolledor. Recibenos… un galego. Quen o ia dicir. Saboredo o levan entre tres persoas, un vasco, un galego e un catalán. Boa xente. Viven alí todo o vran, e tempada de neve (Marzo ou Abril), ademáis de dar servicio con previo aviso.  Ao ser tan pequeno, da pé a falar, un deles contanos que, de non traballar no refuxio, sería pastor. Nunca viviría na cidade.

Aseamonos, tras facer cola na única ducha que ten o refuxio, que é de auga fría, porque a quente está estropeada, pero lévase ben.

Nas estanterías do apretado comedor hai varios libros. Un deles trata sobre a travesía de Carros de Foc (La Ruta dels 9 refugis). Desanimanos un pouco cando lemos que as etapas que realizamos hoxe son as máis fáciles de todo o percorrido. Da xornada que iamos facer o día seguinte, comentaba que era bastante dura. E sobre a etapa do Contraix, aseguraba que era, con moita diferencia, a máis difícil de todas. O libriño fixo que puxeramos os pes no chan.


A cea, puntual, como en todos os refuxios, as sete da tarde. O menú encantounos: Sopa de primeiro, ensalada de arroz de segundo e unha especie de musaka vexetal de terceiro. Todo ecolóxico, como nos comentou a xente do refuxio antes da cea. 

Compartimos mesa cunha veterana parella de montañeiros pamplonicas que escapaban dos San Fermines. Contannos que eles xa pasaron polo famoso Contraix. Empezaban a ruta en Ventosa i Calvell. Describennos un pouco como é esa etapa, comentan que alía atoparon os bloques máis grandes que viron en todas as súas visitas aos Pirineos. Pasaban as horas e non daban chegado o seguinte refuxio. Había neve, de feito, case era preferible camiñar polos neveros antes que polas pedras. Inda así, dannos ánimos “la gente se queja de lo duro que es, pero al final todos lo pasan”

Estábamos tomando o aire tra-la cea, cando a néboa meteuse de cheo. A visibilidade era de poucos metros. Isto soe pasar a miudo polas tardes. Nestas, aparece entre a brétema unha parella con caras de angustia. Falando cos do refuxio nun limitado inglés, explican que sairan de San Maurici e querían facer unha excursión ata Amitges e voltar no mesmo día. Pero perderanse e, incriblemente, chegaron ata Saboredo. Imaxino que deberon comezar demasiado tarde, e sairon sen ningún tipo de mapa, e a névoa fixo o resto. O caso é que, como o refuxio estaba sen camas libres, tiveron que durmir fora, cos sacos tirados no chan amparados só polo teito que facía de “porche” á entrada do refuxio. Non sei moi ben porque non puideron durmir no chan do comedor, imaxino que algunha razón habería. Pode ser que ese chan xa estivera “asignado” (atopamos refuxios máis adiante nos que a xente reservaba  para durmir no chan dos comedores, por estar as liteiras completas). Como non preguntamos, tampouco procede sacar conclusións. O caso é que cearon e durmiron protexidos, e esa noite non foi fría.

En xeral, o refuxio gustoume, a pesar de ser pequeno. As nove e media deitámonos, sendo case os últimos en facelo.

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Bretema nas Cíes

  Debido, imaxino, ao éxito das Illas Cíes agora está máis dificil conseguir praza para o camping. Hai que collelo con bastante tempo de anticipación. Así que pode pasar que, cando chega por fin o día de ir gozar das illas, toque temporal. Pódese pensar que é unha boa mala sorte: ter que pasar a tarde agotando as reservas da cantina do camping, achicar auga da tenda de campaña, esquecerse de ver estrelas, nin starlight, nin nada. A boa nova foi que o día seguinte do temporal, amenceu con sol. Polo menos iase secar a tenda.  Pero nin por esas: antes de que avanzara a mañá, chegou unha brétema marítima que impedía ver nada. Nin ir a praia, nin bañarse, porque había frío. Pois non queda outra que ir ata o faro de Cíes.  Quen ia pensar que, a metade de camiño iamos sobrepasar a nevoa, e camiñar sobre as nubes. E ver como as illas facían de barreira natural das nubes que non paraban de chegar dende o Atlántico. Polo de agora, as Cíes sempre compensan.

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran  Volta ao inicio e saida da alta montaña. Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech. O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier. Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita Pedras con formas curiosas Máis entradas do Passaran  Aquí