Dende a pequena aldea de Masca, dentro do parque do Teno, no Oeste da illa de Tenerife, parte un estreito e profundo desfiladero, que remata no mar...
O barranco é espectacular. Resulta sorpendente camiñar polos seus estreito sendero, encaixonado entre altísimas paredes. Antigamente había prantacións, pero quedaron no abandono xa que non compensa o traballo de chegar a zonas de dificil acceso. Ademáis do perigo que pode suponer por golpe de calor ou correntes de auga nas choivas.
O Barranco de Masca estivo a piques de morrer de éxito. Tanta xente o visitaba que tiveron que pechalo cando ocorreron accidentes mortais. Agora está aberto outra volta, pero con medidas estrictas de seguridade, control de acceso previa reserva, e multitude de barandillas e elementos que garanten a integridade d@s visitantes, pero que quitan algo de encanto a esta maravilla natural.