De uns anos para eiquí, estanse a facer rodaxes de época no centro de Vigo. Seica o concello afirma ter a intención de convertir a cidade"nun plató de cine".
Non sei si se chegará a tanto, pero mentres haxa algúha gravación coma a da serie "Un hombre de Acción", ambientado teóricamente no Paris dos anos 50, hai que aproveitar para ver as rúas aparcadas con coches da época. Resulta curioso que o que queda de modernismo e Casco Vello sirva para retratar a capital francesa.