Saltar ao contido principal

Ribeira Sacra Miño

Quizáis non sexa tan abrupta como a ribeira dos canóns do Sil, pero ten moitisimos lugares e recunchos que paga a pena ver. 

Uns máis famosos que outros. O meandro do Cabo do mundo está en milleiros de fotos. 


A min particularmente o que máis me gusta é a zona de belesar. pola súa tranquilidade e polos seus viñedos. 











Publicacións populares deste blog

Arouca Paiva

  Na poboación portuguesa de Arouca decidiron darlle un empurrón a economía local e ao parque xeolóxico construindo unha ponte enorme que unía as dúas vertientes do río Paiva.  Nesta zona o río está encañonado, e a ponte salva unha altura duns 175metros.  Chámase "arouca 516" porque son os metros de lonxitude que ten a construcción. Non se comeron moito a cabeza.  Impresiona camiñar colgando desta edificación, xa que o chan é de rexilla, e vese o fondo abaixo de todo. Para completar o complexo, fixeron unhas pasarelas (Passages do Paiva). Teñen un tramo que me parece espectacular, cando vencen todo o desnivel que ten o río cunhas escaleras que baixan ata case o cauce da auga.  A verdade é que me gustou moito. Está nun entorno moi fermoso.  Ademáis tivemos a sorte de estar case que sos en todo momento, xa que estaba día de choiva e non se animou moita xente a camiñar por esta ruta. Imaxino que en outras condicións haberá moitas persoas.

Tierras de la Reina

  Chámase así a zona que está entre Riaño e o porto de San Glorio, no municipio de Boca de Huergano.  As fotos desta entrada foron feitas na subida ao Coriscao e outro día dando un paseo ata o collado de Llesba. As vistas dende o Coriscao ata os Picos de Europa en Cantabria son espectaculares. Diferencianse os tres macizos perfectamente.  Ese día quixemos ir ata o Pico Vallines, pero había moito nevero en pendente e cambiamos de plan por non ter equipo axeitado. Ainda así, deu para facer bastantes fotos.

Peña Ten

  Fotos da subida a Peña Ten. Está no límite de Ponga con Castilla. A súa cresta fai unha especie de caldera aberta e ten vistas moi fermosas de picos de Europa e do macizo dos Mampodres.

Valle del Cocora

 Fotos feitas durante o roteiro de sendeirismo que percorre o val do Cocora. Dentro do eixo cafetero Colombiano. A ruta comeza no bosque de palmas de cera. Simbolo de Colombia. Aqui hai varios miradoiros e é unha zona moi visitada. A medida que se vai subindo e introducindose no val do rio Quindio vaise atopando menos xente. O carreiro pasa por varias fincas que son de pago. pensaba que era para protección da area, pero seica é porque son parcelas privadas. Tamén se pode visitar unha caseta onde se pode ver colibries e se pode tomar café. Para atraer aos paxariños, está rodeada de cuncos con auga con azucar.  Nun principio non mepareceu moi ben este intervencionismo para que os guiris vexamos a estes pequenos animáis. Pero despois estiven buscando e non teño claro que sexa perxudicial para eles, máis alá de que imaxino que se malacostumbrarán. O remate é unha baixada a beira do rio, que ten varias pontes e algunha fervenza, como a que se chama Palmas de Niebla. Track da ruta aquí