Saltar ao contido principal

Wadi Rum

Percorrer Wadi Rum é como estar noutro planeta. Menudo topicazo de primeira frase. Pero é certo; Polas cores, polas formas das rocas e montañas, e polas enormes extensións de area, ata onde alcanza a vista.


















O único que fai que nos lembremos de estar na terra é a cantidade enorme de marcas de neumáticos no chan.

E o de ver as estrelas non é tan doado, porque hai moito campamento no deserto. Tamén é certo que tivemos mala sorte, coincidiu lua case chea.

Imaxino que non hai moito máis xeito de meterse no deserto protexido de Jordania que dentro de un tour turístico. Non lle quita encanto ningún, pero a miña idea preconcebida era de algo máis de illamento. Ainda así, resultoume ben fermoso. Deses sitios que non quitas o mono de facer fotos en ningún momento.

Máis fotos de Jordania aquí

Publicacións populares deste blog

Arouca Paiva

  Na poboación portuguesa de Arouca decidiron darlle un empurrón a economía local e ao parque xeolóxico construindo unha ponte enorme que unía as dúas vertientes do río Paiva.  Nesta zona o río está encañonado, e a ponte salva unha altura duns 175metros.  Chámase "arouca 516" porque son os metros de lonxitude que ten a construcción. Non se comeron moito a cabeza.  Impresiona camiñar colgando desta edificación, xa que o chan é de rexilla, e vese o fondo abaixo de todo. Para completar o complexo, fixeron unhas pasarelas (Passages do Paiva). Teñen un tramo que me parece espectacular, cando vencen todo o desnivel que ten o río cunhas escaleras que baixan ata case o cauce da auga.  A verdade é que me gustou moito. Está nun entorno moi fermoso.  Ademáis tivemos a sorte de estar case que sos en todo momento, xa que estaba día de choiva e non se animou moita xente a camiñar por esta ruta. Imaxino que en outras condicións haberá moitas persoas.

Tierras de la Reina

  Chámase así a zona que está entre Riaño e o porto de San Glorio, no municipio de Boca de Huergano.  As fotos desta entrada foron feitas na subida ao Coriscao e outro día dando un paseo ata o collado de Llesba. As vistas dende o Coriscao ata os Picos de Europa en Cantabria son espectaculares. Diferencianse os tres macizos perfectamente.  Ese día quixemos ir ata o Pico Vallines, pero había moito nevero en pendente e cambiamos de plan por non ter equipo axeitado. Ainda así, deu para facer bastantes fotos.

Peña Ten

  Fotos da subida a Peña Ten. Está no límite de Ponga con Castilla. A súa cresta fai unha especie de caldera aberta e ten vistas moi fermosas de picos de Europa e do macizo dos Mampodres.

Valle del Cocora

 Fotos feitas durante o roteiro de sendeirismo que percorre o val do Cocora. Dentro do eixo cafetero Colombiano. A ruta comeza no bosque de palmas de cera. Simbolo de Colombia. Aqui hai varios miradoiros e é unha zona moi visitada. A medida que se vai subindo e introducindose no val do rio Quindio vaise atopando menos xente. O carreiro pasa por varias fincas que son de pago. pensaba que era para protección da area, pero seica é porque son parcelas privadas. Tamén se pode visitar unha caseta onde se pode ver colibries e se pode tomar café. Para atraer aos paxariños, está rodeada de cuncos con auga con azucar.  Nun principio non mepareceu moi ben este intervencionismo para que os guiris vexamos a estes pequenos animáis. Pero despois estiven buscando e non teño claro que sexa perxudicial para eles, máis alá de que imaxino que se malacostumbrarán. O remate é unha baixada a beira do rio, que ten varias pontes e algunha fervenza, como a que se chama Palmas de Niebla. Track da ruta aquí

Ribeira Sacra Miño

Quizáis non sexa tan abrupta como a ribeira dos canóns do Sil, pero ten moitisimos lugares e recunchos que paga a pena ver.  Uns máis famosos que outros. O meandro do Cabo do mundo está en milleiros de fotos.  A min particularmente o que máis me gusta é a zona de belesar. pola súa tranquilidade e polos seus viñedos.