Saltar ao contido principal

Tenerife

Preme sobre as imaxes para acceder as entradas do blog. 


Teide 040

Barranco de Masca

Teno

Tenerife é a illa das mil paisaxes. Dende a hostil alta montaña ata frondosos bosques, praias e cantís.








Publicacións populares deste blog

Voltar ao monte

  Estas fotos non son as máis maravillosas que fixen.  Pero teñolle especial cariño porque son de cando voltei a dar unha volta polos montes de Coruxo / Saiáns moitos meses despóis. Dende o vran ata ben entrado o outono non puidera sair de paseo por mor de unha lesión. E coincidiume un día de outono ben chulo, destes de moita folla no chan ainda colorida, setas e un solpor de nubes. É unha sorte poder ir dar "unha cheda" despois de traballar, tanto para quen lle gusta a bici, como a fotografía.

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

O Rego Barxa e o que lle ameaza

Por incrible que pareza para quen non o coñeza, o rego Barxa está en Vigo. A 20-25 min en bici do Casco Vello. Entre Castrelos, Sárdoma e Beade. O paseo é precioso. O rego ten varios saltos de auga, minifervenzas, está envolto por un frondoso bosque polo que apenas se colan os raios de sol, e incluso ten un muiño máis ou menos enteiro. Como tantas e tantas cousas fermosas en Vigo, está esquecida e apartada. Sen camiños definidos. Con certo aroma decadente. Debo confesar que eu tampouco o coñecía ata hai ben pouco. Quizáis mellor así: dunha banda, non se masifica e non se altera nin se ensucia de porcallada. E dutra banda, o Concello non o destroza pretendendo poñelo en valor. Máis agora está en perigo. O trazado do Vial OP010 (proxectado entre Bembrive e Pereiró, pasando por Beade e Castrelos) queda preocupantemente preto deste oasis urbano. E non ten ningún nivel de protección.   Si xa se fan desfeitas nas zonas que - teóricamente - están protexidas (vexase Cabo Estai, ou o propio Cas

Illa de Arousa

En Galicia temos moitos paraisos. Un deles é a illa de Arousa. Realmente ten de todo: areais virxes  de augas transparentes como o de Areoso (bueno, non é exactamente a illa, pero está ao lado) Chiringuitos super acolledores Pero o que máis me gusta da illa é que a atopo moi "Bici friendly", é posible ir a calqueira punto en dúas rodas. Os seus solpores. Sucesión de dunas e praias. E Areoso, claro

Lisboa

  Fotos feitas durante unha escapada ata Lisboa. A capital lusa ten ese punto no que comeza a parecer máis un parque temático que unha cidade. en prácticamente calquer punto do centro vense turistas buscando os sitios máis caracteristicas entre eles eu, claro, todas as personas creense visitantes ou viaxeiros e realmente somos turistas que poñemos o noso graniño de area. ainda así, paréceme tan chula e ten tantos recunchos que sempre hai algún sitio especial. Tamén tivemos sorte, no sentido que facía mal tempo, andava a chuviscar, co cal había menos xente. O caso é que me gusta moito Lisboa, tanto os seus monumentos (castelo Sé, elevador, etc) como camiñar sen dirección entre as rúas adoquinadas.  E eu tampouco fun capaz de resistirme a facer o blanco e negro parcial cos tranvias amarelos.  magoa que agora os tranvías leven publicidade. Lembro outra vez que fora na que ainda non tiñan. Belem tamén ten o seu punto, ainda que a zona visitable é máis monumental e non tanto ambiental. En t