Saltar ao contido principal

Teide 040

A ruta 040 parte do mar, da praia do Socorro, ata a cima do Teide. Forma parte dunha serie de carreiros establecidos no arquipélago das canarias que unen a costa coa cota máis alta de cada illa. Curiosamente, a Tenerife correspondeulle o sendeiro número 4, co que era cuestión de tempo que o reto de partir de cota cero ata casi 4000 metros de altura quedaba patente no seu nome: A 040 . Moitas veces a identificación forma parte do aliciente.

040


Non son “ultratrailista”. Nin me chaman demasiado a atención os retos deportivos. Moita xente (supermulleres e superhomes) fan os 27 km e máis de 3900m de desnivel acumulado nun día, nunhas horas. Eu, nós, prantexámolo en dous días. O reto non era deportivo, era sentir e gozar co cambio de paisaxes e climas da illa de Tenerife, dende o mar ata rañar o ceo.

 

A 040 parte da praia do socorro, onde os surfistas retan as ondas do mar. Percorre plataneros en ambiente tropical ata chegar ao mirador de el Lance, a 500m de altura, onde o lider guanche Bentor decidiu despeñarse ante as derrotas sufridas frente a invasión de Castilla.



Val da Orotava

500m do mar

Miradoiro Lance

Estatua de Bentor

A partir desta cota, as prantacións mudan a frondosa vexetación tropical. Metro a metro, case sen percatarse, parece que nos adentramos en bosque atlántico. Con especies diferentes, pero outras comúns, como silveiras ou toxos. Mirador de la corona

 

Cando se supera a barreira de nubes a vexetación diminue e xorden as frores. Fixemos a subida na primaveira, e nótase. A medida que se ascende atravesanse xardíns naturáis multicores. 


Seguimos gañando altura e aparecen especies máis alpinas, como  bosques de piñeiros ou abetos. Bosques que non tardan en deixar paso a escenario pre-deserto.


Cultivos

Primavera en Tenerife

Abejorro Canario

Xardín natural

Seguimos gañando altura e aparecen especies máis alpinas, como  bosques de piñeiros ou abetos. Bosques que non tardan en deixar paso a escenario pre-deserto.


Sobre as nubes

Estamos a case 2000m, e a esta altura o cumio do Teide xa é visible, e domina o fondo da paisaxe. Esta sempre presente, pero nunca da impresión de achegarse a el. Entre os cactus, atopamos soamente un tajinaste, a especie por excelencia da illa. Seica ainda non era a súa época.


Tajinaste

E do pre-deserto pasamos ao deserto. E a zona puramente volcánica onde so hai pedra e area. E algún que outro arbusto. Atravesamos a interminable Cañada dos Guancheros e alcanzamos os “huevos del Teide”, enormes pedras despedidas en algunha erupción.

Cañada dos guancheros

Subida a Montaña Blanca


Xa estamos en montaña branca. 2700m de altura. A antesala á subida final, que deixaremos para o día seguinte. Alcanzar esta altura levounos todo o día de luz. Nada máis chegar, o sol agachouse trala montaña e os fortes ventos fixeron da zona de vivac un lugar completamente inhospito. Instalamos as minitendas de vivac rápidamente, para meternos dentro.

 

Meses antes da viaxe, pediramos permiso para montar tenda, e o cabildo concedeunos practicar vivac na zona definida. O caso é que un empregado do parque, que apareceu xusto nese momento para facer medicións, dixonos que non se podía. Que vivac non é acampada. Pero tamén dixo que a máis de 2500m de altura en teoría pódese co permiso. Finalmente o empregado do parque accedeu e dixonos que podíamos deixar a tenda, tras amosarlle os permisos e as zonas delimitadas indicadas na propia documentacion do parque Nacional do Teide. Realmente non sei se mudou de opinión por convencemento, ou por humanidade, xa que daban alerta amarela de vento. E ahí arriba non era pouca cousa. O caso é que sigo sen ter claro se está permitido prantar unha tenda pequena de vivac no Teide.

 

A noite foi bastante movida. Pero por sorte as tendas aguantaron os contínuos golpes de vento que nos espertaban constantemente. E o amencer foi igual de frío que o solpor.


Amencer no Teide

Arrancamos a subida. Este carreiro non tiña nada que ver co feito ata agora. A pendente era moito máis forte, pero o sendeiro moito mellor definido. E sobre todo: moita máis xente. Así como o día anterior estivemos completamente sós no acercamento a base do Teide, o día do ascenso final convertiuse nunha feira. Moita xente subía canda nós, e moita outra baixaba de ver o amencer arriba. Algúns equipadisimos, outros con sandalias, outros eran runners que subian ao Teide coma quen da un paseo por Coruxo…

Derradeira subida

A uns 3300m de altura hai un refuxio, chamado altavista, cuia principal función é aloxar a xente que quere ver o amencer dende o cumio do Teide. Nun principio pensaramos facer noite nel, para camiñar con menos peso, pero está pechado dende a pandemia. E está a demasiada altura para un día.

Pasado este refuxio, un dos multiples runners que subian e baixaban a correr parouse a conversar con outro e escoitamos a mala nova: non hai teleférico polo forte vento.


Colada

Non chegamos ao cumio do Teide. A nosa idea era subir dende o mar, pero baixar en teleférico a coller un taxi. Para evitar as 3h que levan dende o cumio do Teide ata o parking máis cercano. A suma de factores que supuxo comprobar que iamos ter que baixar a pé, o cansanzo acumulado, o mal corpo polo peso ao lombo (non hai fontes no camiño, levamos 4L cada un), a mala noite, a altura (que fai que cada paso custe), o forte vento que se notaba nas alturas… fixo que desemos volta na estación de baixada, cando quedaban apenas 200m de desnivel para o cumio.

Desfacer camiño ata Montaña Blanca e os Huevos del Teide, e de ali ao parking.

Montaña Blanca dende Altavista


Baixada

 

Huevos del Teide

Pasados os días deume raiba, coido que foi simplemente a situación, e o desanimo, a causa de que  non subiramos. E teño por seguro que o podíamos ter feito perfectamente. Pero tamén é certo que o obxectivo da ruta estaba feito: vivir a experiencia. E tamén é certo que ao estar nublado non iamos ver moito máis do que se via a 3600m de altura. Así que o de cumplir retos deixamolo para gañadores, eu sumome ao grupo dos que viven a experienca. Queda un máis tranquilo pensando que cando o obxectivo nunca chega, quizáis o camiño é o obxectivo

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...

Camiño dos Faros. De Muxía a Touriñán

  O camiño dos Faros chega a Muxía. Onde comeza o tramo máis salvaxe desta ruta. Virxe da Barca Ría de Camariñas A ferida do Prestige Cuño Punta Buitra Praia Moreira e Cabo Touriñán Baixada praia Moreira Praia Moreira Touriñán Relax na Costa da Morte Atravesando Touriñán Estrada a ningures O cabo de occidente Faro Touriñán Tras outra etapa “interior” pola ría de Camariñas chegamos a Muxía, Zona cero da catástrofe do Prestige. Alí atopamos a carismática Virxe da barca e a (ex)pedra de abalar. Está collendo pulo como destino de peregrinos, trala popularización do camiño de Santiago ata Fisterra. Dende ahí comeza a etapa máis dura e máis virxe do Camiño dos Faros. Alomenos antes de que construiran un pedazo mamotreto de hotel na praia de Lourido, cos fondos do plan Galicia para a recuperación da crise do Prestige. A formula de sempre para sair adiante: asfaltar a costa e turismo de hotelazo. Os montes Cachelmo e Pedrouzo, Punta Buitra e...