Saltar ao contido principal

Azores. Illa de Sao Miguel Central




A parte central da illa de Sao Miguel quizáis non sexa a súa parte máis coñecida ou característica, pero ten moito que ver: A Lagoa do Fogo, o illote de Vilafranca, a Lagoa do Congro, ou as plantacións de Gorreana non deberían faltar en ninguna visita completa á illa.


-x-
La parte central de la isla de Sao Miguel quizás no sea su parte más conocida o característica, pero tiene mucho que ver. La Lagoa do Fogo, el islote de Vilafranca, la Lagoa do Congro o las plantaciones de té de Gorreana no deberían faltar en ninguna visita completa a la isla.


Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal Congro
Segredo



Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal subida a lagoa do fogo
Ruta da auga


Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal subida volcan do fogo
Cumios baixo as nubes


Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal volcan do fogo
Lagoa do Fogo


Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal  volcan do fogo
A beira da lagoa


Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal volcan do fogo
Miradoiro Frustrado


Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal
Illote de Vilafranca
Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal lagoa do congro
Bosque espeso


Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal
Lagoa do Congro


Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal plantación te
Gorreana


Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal gorreana
Entre o Té


Azores Sao Miguel Lagoa trekking portugal
Santa Iria Oeste


Santa Iria Leste




Comezamos o día subindo ata o volcán do Fogo. E un dos tres estratovolcáns que orixinaron a illa, unidos entre eles por conos de escorias. A súa caldeira está inundada pola lagoa do mesmo nome. A diferencia da lagoa das Sete Cidades, non ten pegada do home arredor.
Comezamos a camiñar cedo, subindo sempre. Non tiñamos garantía de porder ver nada no crater, xa que, a diferencia do día anterior, esa mañá amaneceu co ceo todo nublado. Non se vian os cumios da illa dende Ponta Delgada.
Gañabamos metros co medo de entrar na nube que nos impedise disfrutar da paisaxe. Avanzabamos seguindo as marcas amarelas e vermellas de sendeiro ou “trilho” portugués, entre un bosque mezcla de criptomerias japonesas con plantas que parecen tropicais, fentos enormes e cedros. O camiño subiu ata unha especie de “ruta da auga” azoreña, onde pasamos a seguir unha canalización que nos guiou con pendente suave pola parte alta do bosque, ata chegar a uns grandes prados, e finalmente a Lagoa do Fogo
As nubes estaban tapando os cumios das partes altas do cráter, pero nós, abaixo na beira da lagoa, tiñamos visibilidade para admirar toda a caldeira. Enorme e case inalterada polo home, rodeada de paredes verdes frondosas. Na soa compaña de… gaivotas. Maila estar no interior e tan altos.
Vale a pena pararse e relaxarse á beira deste lago precioso.
En vez de voltar polo mesmo camiño, collimos un carreiro indicado como dirección equivocada polas marcas do trilho, que bordeaba a lagoa. Deste xeito voltaríamos ao coche por outro carreiro máis cara o leste, e facer a ruta circular, según este track do wikiloc. Neste camiño atopamonos coas gaivotas, que nos atacaron sen compaixón. Non sei se terían niños, ou simplemente mala ostia. O caso é que pasamos algún momento de pánico. Quizáis o trilho portugués non levaba por esta zona pola agresividade das gaivotas.
Obviando este incidente, as vistas que hai da lagoa son impresionantes. Cada un dos multiples salientes para o auga que ten  a pista é un mirador. Cando o camiño empeza a alonxarse da lagoa, sae un sendeiro case imperceptible que sube ao cumio máis alto da caldeira. Collemolo, e subimos, pero nada máis chegar a cima, meteuse unha masa de nubes para non sair máis, e impediunos ver a lagoa enteira. Nun día claro a vista debe de ser espectacular. Pero nós non o puidemos ver.
Baixamos ata o coche e diriximonos ao porto de Vilafranca do Campo, para mercar os billetes de barco que nos levaría ao illote do mesmo nome, que é un cráter aberto. Unha piscina pechada no atlántico. Magoa que estes días non estaba permitido o baño. A visita paga a pena, pero non moito máis de unha hora. Non sei como estará ateigado de xente, pero a principios de xuño só estábamos oito personas. Aproveitamos para xantar rodead@s de lagartos (tiven a brillante idea de darlle de comer a un, e viñeron todos os da illa)
Outra vez coche, esta vez rumbo a Lagoa do Congro, na parte central da illa. A estrada estaba escondida entre a máis espesa nevoa. De feito custounos ver o sinal. O Congro é un buraco inundado encaixado no medio das leiras, rodeado dun espeso bosque. Os diferentes sendeiros deste bosque que levan a auga desdenden entre troncos e fentos xigantes. Non sei se era a intensa nevoa ou a cantidade de arbores, pero a luz era tenue e a auga tranquila, verde turquesa, respiraba paz e tranquilidade. A lagoa do Congro é un sitio verdaderamente especial.
E do intimismo bucólico deste lugar, pasamos ata a costa norte, onde nos agardaban as máis coñecidas plantacións de té da Gorreana. Xa caian as derradeiras luces, e as liñas verdes escalonadas dos cultivos vianse espectaculares dende a estrada. Pasamos do centro de interpretación porque nesta viaxe express non tiñamos tempo de pararnos. Así que fixemos directamente a miniruta de senderismo que rodea a Gorreana. Realmente, so paga a pena o inicio e o final da camiñata, xa que sube moito polas pistas e alonxase da plantación. Tivemos a compaña de rebaño de cabras incluida, escondida entre os setos do te.
Para rematar o día, paramos no miradoiro de Santa Iria. Un balcón sobre o mar dende onde se pode admirar a costa norte e todos os seus cantís con forma de furna entrando e saindo do oceano.
De volta a Ponta Delgada, tentamos pasar polo miradoiro Norte da Lagoa do Fogo, ben cerca de onde estiveramos á mañá. Pero As nubes instalaranse en Sao Miguel e xa non veríamos máis o Sol nesta illa. De feito, no mirador non se via absolutamente nada. Por non ver, non veríamos nin os socavons das obras de asfaltado, xa que a visibilidade era de menos de cinco metros na estrada que cruza Sao Miguel pola súa parte alta.

Máis publicacións sobre Azores, aquí  
-x-
Empezamos el día subiendo hasta el Volcán do Fogo. Es uno de los tres estrato volcanes que originaron la isla de Sao Miguel, unidos entre ellos por restos de escorias. Su caldera está inundada por la caldera del mismo nombre. A diferencia de la Lagoa das Sete Cidades, apenas hay rastro de la huella del hombre en su contorno.
Iniciamos la caminata temprano, subiendo siempre. No teníamos garantía de poder ver el cráter, ya que, a diferencia del día anterior, esa mañana había amanecido con el cielo lleno de nubes. No se veían las cumbres de la isla desde Ponta Delgada.
Ganábamos metros con miedo de entrar dentro de la nube, y que nos impidiese ver el paisaje. Avanzábamos siguiendo as marcas amarillas y rojas del sendero o “trilho” portugués, entre un bosque mezcla de criptomerias japonesas con plantas que parecen tropicales, helechos enormes y cedros. El camino subia hasta una especie de “ruta del agua” azoreña, entonces empezamos a seguir una canalización que nos guió con pendiente suave por la parte alta del bosque hasta unos grandes prados, y finalmente la Lagoa do Fogo.
Las nubes estaban tapando las cumbres de las partes altas del cráter, pero nosotros, abajo al borde del lago, teníamos visibilidad para admirar toda la caldera. Enorme y casi inalterada por el ser humano, rodeada de verdes y frondosas paredes. Estábamos solos, únicamente acompañados por… las gaviotas. A pesar de estar en el interior y en altura.
Vale la pena pararse un tiempo y relajarse en el borde de este lago precioso.
En vez de volver por el mismo camino, elegimos un sendero indicado como dirección equivocada por la señalización, que bordeaba el lago. Así volveríamos al coche por un camino más al este y  hacer la ruta circular, según este track del wikiloc. En este camino topamos con las gaviotas, que nos atacaron sin compasión. No se si tendrían nidos, o simplemente mala ostia. El caso es que pasamos algunos momentos de pánico. Quizás el trilho portugués no lleva por esta zona por la agresividad de las gaviotas.
Obviando este incidente, las vistas que hay de la laguna son impresionantes. Cada uno de los salientes que tiene la pista para el agua es un mirador.Cuando el camino empieza a alejarse de la laguna, aparece un sendero casi imperceptible que sube a la cima más alta de las que rodean la caldera. Lo cogimos, y subimos, pero nada más llegar a la cumbre, se metió una masa de nubes para no salir más, y nos impidió ver la laguna entera. En un día claro la vista debe de ser espectacular. Pero nosotros no lo pudimos ver.
Bajamos hasta el coche y nos dirigimos al puerto de Vilafranca do Campo, para comprar los billetes de barco que nos llevaría al islote del mismo nombre. La isla es un cráter abierto, una piscina cerrada en el atlántico. Una lástima que en esos días estaba prohibido el baño. La visita vale la pena, pero no da para mucho más de una hora. No se como estará lleno de gente, a principios de Junio solo estábamos ocho personas. Aprovechamos para comer rodeados de lagartos (tuve la brillante idea de darle de comer a uno, y nos vinieron encima todos los de la isla)
Otra vez al coche, esta vez rumbo a Lagoa do Congro, en la parte central de la isla. La carretera era engullida por una espesa niebla, de hecho nos costó ver el cartel indicativo. O Congro es un agujero inundado que aparece entre los cultivos, rodeado de un espeso bosque. Los diferentes senderos de este bosque que llevan al agua descienden entre troncos y helechos enormes. No se si sería la intensa niebla, o la cantidad de arboles, pero la luz en el lago era tenue, y el agua tranquila, verde, turquesa, hacía que se respirase paz y tranquilidad. La lagoa do Congro es un sitio verdaderamente especial.
Y del intimismo bucólico de o Congro, pasamos a la costa Norte. Allí nos esperaban las conocidas plantaciones de té de Gorreana. Ya se acercaban las últimas luces del día, y las lineas verdes escalonadas de los cultivos se veian espectaculares desde la carretera. Ignoramos el centro de interpretación porque en este viaje express no había tiempo de pararnos. Asi que hicimos directamente la miniruta de senderismo que rodea a Gorreana. Realmente, solo vale la pena el inicio y el final, la parte central sube mucho por las pistas y se aleja de la plantación. Tuvimos la compañía de un rebaño de cabras que pastaba escondida entre los setos del té.
Para terminar el día, paramos en el mirador de Santa Iria. Un balcón sobre el mar desde el que se puede admirar la costa Norte y todos sus acantilados con forma de furna entrando y saliendo del océano.
De volta a Ponta Delgada, intentamos pasasr por el mirador Norte de la lagoa de Fogo, muy cerca de donde estuvimos esa misma mañana. Pero las nubes se instalaron definitivamente en Sao Miguel y ya no veríamos más el sol en esta isla. De hecho, en el mirador no se veía absolutamente nada. Por no ver, no se veía ni los socavones de las obras de asfaltado, ya que la visibilidad era de menos de cinco metros en la carretera que cruza de Norte a Sur la isla por su parte alta.

Más publicaciónes sobre Azores, aquí  

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Cárpatos. Bucegi

As montañas de Bucegi, nos Cárpatos romaneses, álzanse como paredes impoñentes, con 1000 metros de altura, a través do curso do Río Prahova. Chaman a atención pola sua beleza case virxe, e polos misterios que supostamente agochan. -x- Las montañas de Bucegi, en los Cárpatos rumanos, se alzan con paredes imponentes, con 1000 metros de altura, a través del curso del río Prahova. Llaman la atención por su belleza casi virgen, y por los misterios que supuestamente esconden. Bucegi Teleferico de Busteni Miradoiro de Bucegi Cumio do Monte Omu As donas dos Cárpatos Descenso Baixada do val Ar de Montaña Bucegi Camiñar polos Cárpatos   Cabana Babele Bucegi dende Busteni O Teleférico, que sae da turística localidade de Busteni, permite alcanzar a cabina Babele (2000m) sen esforzo. Eso se obviamos o esforzo de chegar unha hora antes de que abra (empeza as 8:30) e logo facer unha cola de outra hora. Pero vale a pen...

Transilvania

"... Las torvas montañas parecían lejanas, y estábamos acercándonos a la cumbre de una colina empinada, en cuya cima había un castillo como el que menciona Jonathan en su diario. Me alegré y atemoricé al mismo tiempo; pues ahora, para bien o para mal, el fin está cerca" (Notas de Van Helsing)  Drácula, Bram Stoker  Terra de bosques, castelos e igrexas fortificadas; rodeada de prominentes montañas; esta rexión de Rumanía de orixe saxona é moi rural e ten pobos preciosos e fermosas ladeiras. Pero a fama de Transilvania non ven das súas virtudes, ven das historiase e lendas que se inspiran nela. -x- Tierra de bosques, castillos e iglesias fortificadas; rodeada de prominentes montañas. Esta región de Rumanía de origen sajón es muy rural y tiene pueblos preciosos y hermosas laderas. Pero la fama de Transilvania no viene de sus virtudes, viene de las historias y leyendas que se inspiran en ella. Castelo de Peles Viscri Igrexa fortificada de Viscri ...

Cartagena

  Esta vila do caribe colombiano foi das que máis me gustou do pais.  Vese chea de vida, e non só polo turismo.  Mestura de forma colorida o moderno (e non tan bonito) skyline típico américano con casas tipo coloníais. Forte San Felipe É esta derradeira zona a que se visita, e na que eu estiven. Skyline Ten bastante relevancia. É a segunda cidade en actividade económica de Colombia.  Foi capital do pais na época do control hispano, e sempre foi un departamento a ter en conta. Cando chove en Cartagena O asentamento non ten unha historia moi longa (bueno, ou si, pero solo se conta dende que chegaron os españois). Pero ainda así é ben intensa.  Impresionoume a batalla contra os ingleses na que os españois colonos rexeitaron a invasión.   Din que de non ter repelido aquel ataque, gran parte de américa latina hoxe en día falaría inglés.   Tal era a importancia de Cartaxena.   Daquela batalla quedou como recordo un impresionante forte, o castelo de San ...