Saltar ao contido principal

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho.

Monte Castro



Camiño dos Faros

Primeira vista do Cabo da Nave

Praia da Arnela

Acercandose ao Cabo da Nave

No interior do cabo da Nave

Cantís

Cabo da Nave

Facho: derradeiro obstáculo

Cabo da Nave e Praia Mar de Fora

Fin do Camiño: Faro Finisterre

Fisterra

 Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes.

O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Camiño dos Faros non o ian desaproveitar.  Causa unha fonda impresión ver o mar dende tan alto rompendo tan cerca, entre as paredes tan escarpadas. O carreiro vai sorprendendo a cada xiro, xa que van aparecendo pasos entre as rochas onde non se imaxinaba. Todo isto fai que percorrer este traxecto sexa unha das mellores experiencias da Costa da Morte. Por non dicir a mellor. Se ata aquí esta senda resulta preciosa, co Cabo da Nave faise inesquecible.

Unha vez repost@s da impresión, xa se ve o monte do Facho, último obstaculo para ver o Faro de Fisterra. Pero antes, a praia do Mar de Fora. Salvaxe tamén, pero cun recuncho onde pode caer un baño se fai calor.

Tralo ascenso ao monte do Facho, a baixada faise soa, xa que estamos admirando o segundo monumento máis visitado de Galicia: o Faro de Finisterre. Choca un pouquiño chegar de non ver a ningúen durante dous días, e no Faro atopar moreas de visistantes. Xente que vai so pola visita, a pasar a tarde, e xente que chega coa memoria chea de experiancias do camiño de Santiago. E @s que son menos: @s que chegan ao fin do mundo por un camiño máis duro, pero completamente diferente: O Camiño dos Faros.

Máis entradas neste Blog sobre o Camiño dos Faros:

Publicacións populares deste blog

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

Irlanda - Munster

En Munster coinciden os maiores reclamos que ten Irlanda. Limerick, Cork, Cashel, Parque Nacional de Burren, Kerry, Adare... e sobre todo os merecidamente famosos cantís de Moher. -x- En Munster coinciden los mayores reclamos que tiene Irlanda: Limerik, Cork, Cashel, Parque de Burren, Kery, Adare... y sobre todo los merecidamente famosos acantilados de Moher. Cliffs of Moher. Paredes do Oeste Solpor en Moher. Cantís dourados Cashel As ruinas Burren Nin Auga, nin árbores, nin terra As fiestras de Cork University of Cork As canles do Lee A dinámica Cork é a capital de Munster, ou "terra de Mum". A chegada de empresas estadounidenses animadas pola fiscalidade irlandesa está facendo crecer en importancia esta vila. Surcada polos canales do rio Lee, os seus coloridos edificios de tres ou catro alturas son moi caracteristicos. Actualmente é a terceira poboación de Irlanda, despois de Dubl

O Grove

O Grove non é o mellor sitio para darlle a volta en bici. Pero si que ten moreas de sitios que valen  a pena visitar...  e facerlles fotos, que diso vai a entrada.  Pensamos en repetir a idea de fin de semana de volta en bicicleta pola peninsula. Pero a realidade foi que non se deixou moito. Ten vías moi tranquilas e ciclables. tamén carreiros que bordean o litoral. Pero tamén ten moito areal sen posibiliade de rodear. E tamén pequenos cantís nos que hai que levar a bici ao lombo. Agora ben, fermoso é dabondo. Tanto praias como paseos e portos. Tampouco acompañou moito o tempo. Pero eso ten as súas vantaxes: menos xente e mellores luces e estampas para esto das fotos. Ten moita extensión. Realmente só fixemos unha pequena parte, a da costa norte. Así que non me importaría para nada repetir.

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer.  E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr

A Fada e o Dragón

Se hai algo do que podemos presumir en Vigo é dos nosos atlánticos Solpores. A orientación da cidade e as nubes que adoitan acompañarnos fai que moitas tardes pague a pena pararse a mirar o ceo. Un bo sitio para observalos é o Paseo de Alfonso XII. A primeira espectadora é esa fada ao lombo do dragón, que seica pretende sobrevoar as ondas do mar da ría pero que nunca chega a facelo. Hacia o Solpor A fada e o Dragón Ceo Ocaso Baixo as nubes Viaxe eterna cara o Solpor. Solpor (2) Treboada