Que sorte ter un espazo verde tan grande en Vigo.
Da igual a época do ano na que se pasee por el.
En inverno están as magnolias, e esas luces ténues nas polas sen follas que a min me encantan.
na primavera a explosión de cores das frores.
no vran é un refuxio térmico, moi necesario nunha cidade concebida en formigón, sen sombras, e que se está convertindo en intransitable cando ven a calor.
Compre poñelo en valor e coidalo. eu penso que non só é un escenario no que xuntar milleiros de persoas nos concertos do vran. É parte do patrimonio da vila que debemos deixar como está as vindeiras xeracións.