Arco da vella en Prat d'Aguiló |
Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/80s f/6.3 ISO125
Prados en altura |
Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/250s f/11 ISO125
Ollar atrás |
Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 16mm 1/160s f/11 ISO125
Pausa |
Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 24mm 1/160s f/11 ISO125
As nubes rodean o Pedraforca |
Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 24mm 1/400s f/11 ISO125
Cavalos en Serra Pedregosa |
Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 31mm 1/1250s f/5.6 ISO125
Rañando o ceo |
Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 16mm 1/200s f/11 ISO125
Prat d'Aguiló dende o altoNikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 31mm 1/200s f/11 ISO125 |
Pas des Gosolets |
Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/200s f/11 ISO125
Benvinguts |
Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 31mm 1/640s f/11 ISO125
Etapa 1 Lluis Estasen - Prat d'Aguiló
Saimos cedo de Barcelona e almorzamos en Saldes, o pobo máis cercano ao percorrido na parte leste, e ao lado do miradoiro de Gresolet, que ia ser onde deixaríamos o coche e comezaríamos a camiñar.
O primeiro refuxio da nosa andaina foi o Lluis Estasen. Situado na propia base do Pedraforca, o seu nome está adicado ao montañeiro que abriu as primeiras vias de escalada a esta montaña. Estampamos o primeiro selo no cartón, falamos un pouco do tempo co guarda (non foi conversa de ascensor, había amenaza seria de choiva), e comezamos a marcha. Tras camiñar por un bosque de diversos piñeiros e abetos chegamos a unha pista que bordea o Pedraforca. Esta impoñente mole, que tiñamos pensado tentar ascender despois de rematar os Cavalls del Vent, podese ver dende moitos puntos do percorrido desta grande andaina.
Sempre ascendendo, inda que de forma suave entre vacas, herba e piñeiros illados. A paisaxe vaise tornando cada vez máis de montaña. Chegamos a uns prados bucólicos (Prat del Socarrat e Prat Llong), onde paramos a xantar. O Pedraforca, sempre as nosas costas, parece un xigante, que nunca deixa de estar tapado polas nubes. Pasado un collado, deixase de subir e a paisaxe cambia. Estamos na Serra Pedregosa. A marcha continúa por un carreiro moito máis suave. Desaparecen as arbores e as vacas, cambianse por prados con calvas e cavalos. Ambiente alpino. Ascendendo aos poucos, case sen enterarnos, chegamos ao Pas dels Gosolans. Paso de porteadores e segadores. As vistas da cara norte do Cadí (Serra do Sistre) son impresionantes. Moi ao baixo, divisase o refugi Prat d´Aguiló.
Este paso é, según din, un dos puntos duros da travesía, pero como nós fixemola en sentido contrario, foinos relativamente sinxelo chegar. A baixada ata o refuxio Prat d'Aguiló xa foi outra cousa, é bastante empinada e por momentos resbaladiza. Carga moito os xeonllos. Volven a aparecer algúns piñeiros e abetos. As vacas dannos a benvida á primeira parada do percorrido: O refuxio Prat d'Aguiló.
Como o seu nome indica, está no medio dun verde prado rodeado de montañas, entre as que destaca o Comabona (2554m). tivemos a sorte de presenciar o arco da vella, que apareceu tras unha breve choiva. Por fortuna, a auga colleunos xa cunha cervexa na man.
O Refuxio está ben, a cea sentou xenial e a xente que atende e moi amabel. Mesmo atopamos un paisano con familia galega (de Tui).
-x-
Etapa 1: Lluis Estasen – Prat d´Aguiló
Salimos temprano de Barcerlona, y desayunamos en Saldes, el pueblo más cercano al recorrido por la parte Oeste, y al lado del mirador de Gresolet, que era donde ibamos a dejar el coche y empezar a caminar.
El primer refugio de nuestra travesía fue el de Lluis Estasen. Situado en la base del Pedraforca, su nombre está dedicado al montañero que abrió las primeras rutas de escalada a esta montaña. Estampamos el primer sello en nuestro cartón, hablamos un poco del tiempo con el guarda del refugio (no fue conversación de ascensor, había amenaza seria de lluvia) y comenzamos la marcha. Tras caminar por un bosque de diversos tipos de pino y abetos, llegamos a una pista que bordea el Pedraforca. Esta imponente mole, que teníamos pensado intentar ascender despues de terminar los Cavalls del Vent, se puede ver desde muchos puntos del recorrido de esta gran travesia.
Siempre subiendo, aunque de forma suave, entre vacas, hierba y pinos sueltos. El paisaje va volviendose cada vez más de montaña. Llegamos a unos bucólicos prado (Prat del Socarrat y Prat Llong), donde paramos a comer. El Pedraforca, siempre a nuestra espalda, parece un gigante que nunca deja de estar tapado por las nubes. Pasado un collado, se deja de subir y el pasisaje cambia. Estamos en la sierra Pedregosa. La marcha continúa por un sendero mucho más suave. Desaparecen los árboles y las vacas, se cambian por prados con calvas y caballos. Ambiente alpino. Subiendo a los pocos, casi sin enterarnos, llegamos al Pas dels Gosolans. Paso de porteadores eyseguadores. Las vistas de la cara norte del Cadí (Serra del Sistre) son impresionantes. Muy abajo, se divisa el refugi Prat d´Aguiló.
Este paso es, según dicen, uno de los puntos duros de la travesía. Pero como nosotr@s la hicimos en sentido contrario, nos fue relativamente fácil llegar. La bajada hacia el refugio Prat d´Aguiló ya fue otra cosa. Empinada y por momentos resbaladiza. Carga mucho las rodillas. Vuelven a aparcer algunos pinos y abetos. Las vacas nos dan el recbibiento a la primera parada del recorrido: El refugi Prat d´Aguiló
El refugio está bien, la cena sentó genial y la gente que atiende es muy amable. Uno de ellos tenía familia en Galicia, en Tui.
Como su nombre indica, está en el medio de un prado verde rodeado de montañas, entre las que destaca el Comabona (2554m). Despues de cenar, tuvimos la suerte de presenciar el arcoiris, que apareción después de una breve lluvia. Por suerte, el agua nos cogió a resguardo, con una cerveza en la mano.
-> Ver etapa 2