A serra da Tramuntana é o cordal que separa a illa de Mallorca do Mediterraneo polo leste. Ao tratarse de montañas que limitan directamente co mar, as paisaxes e contrastes que ten son impresionantes
Estrada de Sa Calobra |
Acceso |
No interior do Torrent del Paradis |
A grandeza do Torrent |
Torrent del Paradis |
Sa Calobra |
Derradeiras luces na estrada de Sa Calobra |
Pas de Na Bel |
Cara o Puig Massanella |
Baixada do Massanella |
Bosque da Tramuntana |
Dende 2011 forma parte do Patrimonio da Humanidade da Unesco. A cantidade de lugares, paisaxes, miradoiros, pobos colgados da montaña que ten é inabarcable nuns poucos días. Dende a peninsula de Andraxt ata Cap Formentor hai infinidade de sitios en los que paga a pena pararse a gozar deles. Esta pequena selección de fotos corresponde ao Torrent del Pareis e a subida ao Puig Massanella. Non semella mala selección, xa que combina as partes máis altas da serra co seu escarpado contacto do mar. Pero probablemente quede corta ante a cantidade de lugares que ten a Tramuntana.
O Puig de Massanella é o segundo cumio de Mallorca. O primeiro é o Puig Major, pero é zona militar e non se pode acceder sen permiso. Para subir escollemos a alternativa do Pas de na Bel, unha pequena canal que se abre entre as paredes do Masanella, e para baixar a ruta tradicional. Quedamos a uns metros do cumio, xa que os ventos que había no alto eran tan fortes e con tanto refacho que en ocasións tirabannos ao chan. Tivemos mala sorte, xa que daban alerta laranxa por vento nos días que estivemos na illa, algo pouco habitual, seica. Pero non tan mala xa que puidemos chegar ben cerca e admirar as vistas que ten a ascensión, nas que se pode ver toda a illa. Iso si, non sen sufrir unha pequena granizada.
Din que o Torrent de Pareis é o carreiro máis espectacular de Mallorca. Nós so vimos o tramo final, ao que se accede pola sinuosa carretera de Sa Calobra (que chega a ter unha curva de 270 grados). Nesta parte final do torrent un sintese pequeno neste impresionante desfiladero. Tivemos a sorte de estar completamente sos entre as enormes paredes que conformou a auga na sua chegada ao mar. En lugares como Mallorca hai que escoller entre tranquilidade e bo tempo.
-x-