Un sábado do mes de Febreiro decidimos camiñar toda a costa da Vela. tentar bordear todo o extremo da península do Morrazo a pé.
-x-
Un sábado del mes de Febrero decidimos caminar toda la Costa de la Vela. Intentar bordear completamente el extremo de la península del Morrazo a pie.
Vilariño |
Area Brava |
Entre praias |
A cala de Couso |
O Inalcanzable Faro de Punta Couso |
Facho de Donón |
Vistas dende o Facho |
O carreiro ata Cabo Home |
O Faro |
Os Cantís do Facho de Donón |
Cabo Home |
Fronte o mar |
As calas de Cabo Home |
Barra |
Nerga |
O día non acompañaba, estaba de nubes e algo de choiva. Pero as paisaxes que regala este espazo da rede Natura son espectaculares.
Comezamos en Vilariño. a idea era bordear toda a Ría de Aldán ata Punta Couso. Atravesamos fermosas praias como Arneles, Castiñeiras, Area Brava, ou a caliña de Couso.
Ao non estar abertos os chiringuitos, en inverno faise algo complicado facer o percorrido pola beira do mar. Nós tivemos sorte, xa que estaba marea baixa.
A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra... A costa da Vela é un paraiso ben preto da casa.
Para chegar ao faro de Couso, na urbanización, atopamos os previsibles problemas que atopa todo o mundo. Carreiros pechados, cartéis disuasorios, muros... Resulta moi complicado chegar sen atravesar propiedades privadas. Resulta desconcertante, xa que é un lugar tan fermoso, que deberíamos poder gozar tod@s del. Descoñezo a problemática. Non sei se a solución desta situación ten que sair dos propietarios, ou do Concello de Cangas. Pero resulta incomprensible a día de hoxe.
O crebacabezas paga a pena: A zona do faro resulta un lugar ben bucólico. Ainda que co día que tiñamos resultaba algo inhóspico polos refachos de vento.
O paseo dende Couso ao Facho de Donon, pola da costa da Vela transcurre (magoa) por un gran eucaliptal. O camiño ofrece varias oportunidades de acercarse a miradoiros naturais, para poder vislumbrar Ons, e as Cíes dende o alto dos cantís.
Camiñando por bosque e pista chegamos ao maxestuoso Facho de Donón. Lugar que, ademáis de ter unha panorámica espectacular das Cíes e Cabo Home, permite visitar o antigo pobrado castrexo, situado nun enclave privilexiado. Non sabían nada estes antergos.
O camiño prosegue ata o Faro de Cabo Home. Pasa pola famosa Caracola de Donón e permite apreciar algún esperpento urbanístico que está a medio construir. Non podía faltar algo de feísmo nunha andaina pola costa galega. O carreiro que circula baixo a pista é fermosisimo. E co mar rebelde como estaba ese día, ainda máis.
Do faro de Cabo Home non hai moito novo que dicir. Para min é un dos lugares máis espectaculares de Galicia. Seguimos o camiño admirando as diferentes calas e furnas que os recovecos desta costa esconden. Pasmos polos faros de Punta Robaleira e Subrido. E a Praia de Melide. Deserta e preparada para a nosa visita.
Rematando de bordear o cabo chegamos a Barra. Creo que é a única praia virxe da Ría de Vigo. Tamén, toda para nós. A Barra siguelle Viñó e Nerga, onde rematamos o noso percorrido (o paisaxistico, para volver ao coche, tivemos que cruzar a península polo cruceiro de Hio)
-x-
El tiempo no acompañaba, el día era nuboso y con algo de lluvia. Pero los paisajes que regala esta zona de la Red Natura son espectaculares.
Empezamos en Vilariño. La idea era recorrer la ría de Aldán hasta Punta Couso. Caminamos por las preciosas playas de Arneles, Castiñeiras, Area Brava o la calita de Couso. Al no estar abiertos los chiringuitos, en invierno se hace algo complicado hacer el recorrido por el borde del mar. Tuvimos suerte porque estaba la marea baja.
La Ría de Aldán, con sus playas, Punta Couso, el Facho de Donón, Cabo Home, Barra... La costa da Vela es un paraíso que está bien cerca de casa.
Para llegar hasta el faro de Couso, en la urbanización, encontramos los previsibles problemas que se encuentra todo el mundo. Caminos cerrados, carteles disuasorios, muros... Se hace muy difícil llegar sin pisar propiedad privada. Es desconcertante, porque es un lugar tan bonito que deberíamos poder disfrutarlo tod@s. Desconozco la problemática. No se si debe resolverlo el Concello de Cangas o los propietarios. Lo cierto es que la situación resulta incomprensible hoy en día.
Resolver el rompecabezas del camino vale la pena. El faro de Couso resulta un lugar superbucólico. Muy auténtico. Aunque con el día que teníamos resultaba algo inhóspito por los refachos de viento.
El paseo desde punta couso hasta el Facho de Donón por la costa transcurre (desgraciadamente) por un eucaliptal. El trayecto ofrece varias oportunidades de acercarse a miradores naturales, desde donde se pueden ver las Ons y las Cíes desde lo alto de los acantilados.
Continuando por bosque y por pista llegamos al majestuoso Facho de Donón. Lugar que, además de tener una panorámica espectacular de las Cíes y de Cabo Home, permite visitar el antiguo poblado castrexo, situado en un enclave privilegiado. No sabían nada estos antepasados.
El camino prosigue hasta el faro de Cabo Home. Pasa por la famosa caracola de Donón, y permite apreciar algún esperpento urbanístico que está a medio construir. No podía faltar algo de feísmo en una caminata por la costa gallega.
El sendero que circula bajo la pista es muy bonito. Y con el mar rebelde de ese día, aún más.
Del faro de Cabo Home no hay nada nuevo que aportar. Para mí es uno de los lugares más espectaculares de Galicia. Tras hacer parada allí, seguimos nuestro camino admirando las diferentes calas y furnas que los recovecos de esta costa esconde. Pasamos por los faros de Punta Robaleira e Subrido. Y por la playa de Melide, desierta para nuestra visita.
Al terminar de bordear el cabo nos esperaba Barra. Creo que la única playa virgen de la Ría de Vigo. También toda para nosotros, con su pinar y sus dunas. A Barra le sigue Víñó, y después Nerga, donde terminamos nuestro recorrido (el paisajístico, para volver hasta el coche, tuvimos que cruzar la península por el Cruceiro de Hío)