Primeiro tramo do percorrido. Bosque, pueblos como o de Posada de Valdeón, escarpadas subidas e os prados en altura espectaculares no refuxio de Collado Jermoso.
O bosque de faias de Vegabaño é inmenso. Apenas está impactado pola pegada do home, xa que non abundan os camiños. A extensión de arbores que hai entre un carreiro e outro é enorme. Percorrelo é introducirse nunha especie de foresta encantada, a bo seguro chea de habitantes ocultos.
O refuxio de Vegabaño é moi coqueto, situado no límite entre un prado con majadas e o bosque. Gobernado por Peña Santa ao fondo.
Tras abandonar o bosque e continuar polas poboacións de Posada de Valdeón e Cordiñanes, comeza a subida ao refuxio collado Jermoso. A medida que se ascende polos sendeiros en Z, ou con pequenas trepadas, as vistas van sendo máis espectaculares.
 |
Ascenso á collada |
Primeiro aparece Pico Friero, e ao chegar a unha pequena collada, outra vez Peña Santa.
 |
Pico Friero, ao fondo |
 |
Peña Santa |
 |
Pico Friero |
O refuxio de Collado Jermoso, chamado Diego Mella, que está incrustado baixo a torre Pedralba, non se ve ata que se está prácticamente nel. O solpor visto dende estes prados de altura é impresionante. E a noite repleta de estrelas, tamén.
 |
Torre Pedralba |
 |
Silueta de Peña Santa |
Máis entradas sobre o Anillo de Picos Aquí