Saltar ao contido principal

Galiñeiro

A súa silueta sempre está ahi, visible dende case todos os lugares da ría. O ascenso ata os seus diversos cumios, e crestear entre eles sempre é unha excursión fermosa.

Sufriu moito recentemente, coa devastadora vaga de lumes do 2017. E sofre ameazas cíclicas, cos diversos proxectos dos parques eólicos. Ogallá sexamos capaces de deixalo en paz, que se rexenere, xa que forma parte do noso patrimonio natural.

Cumes Norte

Vórtice Xeodésico do Galiñeiro


Vistas da Grova

Serra do Galiñeiro dende o cume


Vista dende o Lombo do Raposo

Vincios, Montecastelo e o Val Miñor







Montes de Coruxo e as Illas Cíes



Capas de montes

O cumio Norte

Montecastelo e Monteferro

Cresteando entre cumios


Montecastelo e Cabo Silleiro

Fotos feitas dende os diversos cumes da serra do Galiñeiro. Os cumios norte e o Lombo do Raposo.

Publicacións populares deste blog

Arouca Paiva

  Na poboación portuguesa de Arouca decidiron darlle un empurrón a economía local e ao parque xeolóxico construindo unha ponte enorme que unía as dúas vertientes do río Paiva.  Nesta zona o río está encañonado, e a ponte salva unha altura duns 175metros.  Chámase "arouca 516" porque son os metros de lonxitude que ten a construcción. Non se comeron moito a cabeza.  Impresiona camiñar colgando desta edificación, xa que o chan é de rexilla, e vese o fondo abaixo de todo. Para completar o complexo, fixeron unhas pasarelas (Passages do Paiva). Teñen un tramo que me parece espectacular, cando vencen todo o desnivel que ten o río cunhas escaleras que baixan ata case o cauce da auga.  A verdade é que me gustou moito. Está nun entorno moi fermoso.  Ademáis tivemos a sorte de estar case que sos en todo momento, xa que estaba día de choiva e non se animou moita xente a camiñar por esta ruta. Imaxino que en outras condicións haberá moitas persoas.

Tierras de la Reina

  Chámase así a zona que está entre Riaño e o porto de San Glorio, no municipio de Boca de Huergano.  As fotos desta entrada foron feitas na subida ao Coriscao e outro día dando un paseo ata o collado de Llesba. As vistas dende o Coriscao ata os Picos de Europa en Cantabria son espectaculares. Diferencianse os tres macizos perfectamente.  Ese día quixemos ir ata o Pico Vallines, pero había moito nevero en pendente e cambiamos de plan por non ter equipo axeitado. Ainda así, deu para facer bastantes fotos.

Ubiña Invernal

A neve resultame ben hipnótica As fotos non foron feitas durante ningunha ascensión. Saqueinas como asistente a un curso de montaña invernal.  Antes do curso, todo o entorno nevado parecía fermoso arredor. Despois, todo parecía unha posible amenaza.  Supoño que ten que ser así, sempre é mellor ser consciente da realidade do entorno, para gozar del.

Peña Ten

  Fotos da subida a Peña Ten. Está no límite de Ponga con Castilla. A súa cresta fai unha especie de caldera aberta e ten vistas moi fermosas de picos de Europa e do macizo dos Mampodres.

Porqué?

Porqué? A resposta práctica a esta pregunta é de sobra coñecida. En realidade hai moitas respostas. Cada unha máis indignante que a anterior. O que non son capaz de entender é o porqué máis profundo… o que fai que a condición humana sexa capaz de destruir deste xeito o que lle rodea e alimenta Hoxe, Setembro 2016, o P.N. do Xurés, pero tamén a Curota en Agosto. Outrora, as Fragas do Eume, Monte Pindo, o ano 2006… Cada vran somos un pouco máis pobres. Nota: A imaxe do incendio utilizada para o reflexo é de EFE, dunha nova de 20minutos sobre o incendio en Yosemite Park do 2013