Segunda e derradeira entrada de animáis en Costa Rica, que completa a primeira . O principal problema para captar a fauna foi que, obviamente, os modelos móvense. Coa pouca luz que entra na selva nubosa faise complicado sacar imáxes nítidas. Hai que sorprender aos protagonistas da foto un pouco despistados. Durante a estancia en Costa Rica, visitamos un Zoo (disfrazado de hospital da natureza). Alí dentro non tería estes problemas coas fotos. Sen embargo, preferín non levar a cámara. Os animáis, como as persoas, sempre lucen máis cando se senten en liberdade. O xantar do Perezoso A mirada do lagarto Pelicano no solpor Araña oro orbe Desfile de formigas O cangrexo que bailaba muiñeira O esquivo tucán (*) (*) O tucán aparece en todas as guías de Costa Rica. Pero o único xeito de velo de cerca e quieto é nun zoo. En liberdade está constantemente en movemento nas partes altas das árbores. A foto non é maravillosa...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".