A furna de Cabo Estai Solpor agochado Faro no lusco e fusco Espectadoras do solpor Derradeiras luces na herba A entrada da furna A pequena furna do faro, que protexe do vento que arrecia en Cabo Estai, ten unha pequena caliña entre rochas, cuia existencia depende das mareas. Saindo da praia, chegando ao carreiro que se adiviña dificultosamente entre herbas, xuncos e silveiras, sentimonos envoltos polas paredes da furna. Neste lugar hai un punto con perspectiva máxica, onde se detén o tempo. No intre do día en que a luz diminúe, cando coinciden as cores verdes das herbas marinas, o branco das ondas, os calidos tonos do solpor na area, o escuro das rochas molladas, onde rachan as ondas sen descanso, as Illas Cíes dun lado, Monteferro do outro, as nubes e os raios do Sol despedindo o día, o abrazo das paredes da furna e o faro governando a escena dende unha esquina elevada. Esa explosión de cores e figuras é o máis fermoso de Cabo Estai. E quizáis de Vigo, aínda que de t...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".