A etapa entre Espuguettes e Grange de Holle está considerada como de descanso . Descanso fisico, porque na viaxe ten un dos maiores atractivos: O Circo de Gavarnie. O Circo de Gavarnie Comezamos con choiva feble. Camiñando por un bosque, contorneando o val, ata que se empeza a vislumbrar o Circo de Gavarnie. A “grande Cascade de Gavarnie” vese dende moi lonxe, pero nunca parece que se achegue, por moito que se camiñe. Introducirse no Circo glacial, deixando rodearse de paredes e numerosas fervenzas é unha sensación indescriptible. Sentirse tan pequeño entre unha cousa tan grande, e fermosa As nubes, que entran e saen do circo, de cando en vez tapan a gran fervenza. Pero da un aire ainda máis místico a este lugar. As escenas ou paisaxes cambian en cuestión de segundos por mor do vento e as névoas. Incriblemente, apenas hai xente. O camiño ao pobo xa é máis romeria. Tras darnos unha pequena homenaxe nos restaurantes de Gavarnie, proseguimos ata Grange de Holle. Outro ref...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".